O PPdeG insiste no seu compromiso para recuperar para o público os bens incorporados pola familia Franco de maneira ilegal ou irregular

Santiago, 18 de novembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos insistiu hoxe no Parlamento “no compromiso do PPdeG para a recuperación para o público daqueles bens que se puideran ter incorporado de maneira ilegal ou irregular ao patrimonio da familia Franco”. “Ningunha institución local precisa da autorización do Parlamento para reclamar os seus lexítimos dereitos, nin existe impedimento para que se acuda aos tribunais para reclamar os lexítimos dereitos das institucións”, indicou.

Seguir leyendo

Inicitiva de impulso do uso de madeiras locais nos edificios públicos

 

iniciativa sobre o impulso polo Goberno galego do uso de madeiras locais nos edificios públicos, como elemento decorativo e construtivo

A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) impulsou, en colaboración coa universidade e coa participación activa da industria forestal, a elaboración da “Axenda de impulso da Industria Forestal 2019-2021”, unha folla de ruta dirixida a mobilizar máis de 125 millóns en favor da modernización deste tecido empresarial e aproveitar as oportunidades que ofrece a transición en Europa cara un modelo de economía máis sustentable e circular. Trátase de conseguir, en definitiva, que a madeira e os produtos forestais como recurso renovable, reciclable e biodegradable actúe en Galicia como elemento central de impulso á bioeconomía.

 

A concorrencia da pandemia provocada pola Covid-19 evidenciou a necesidade de acelerar esta volta a produtos e procesos produtivos máis respectuoso co medio ambiente, impulsando ademais as cadeas de valor e os mercados de proximidade.

 

Por outra banda, puxo de manifesto a necesidade de desenvolver hábitats máis saudables, que potencien a comunicación entre as persoas e a natureza, valorándose aquelas contornas que recuperan a utilización de materiais naturais, como a madeira, que contribúan a reducir a pegada de carbono.

 

Neste ámbito, cómpre recordar que a metade da madeira que se corta en España procede dos montes galegos, e que ademais contamos cun ecosistema industrial específico sólido e competitivo, formado por máis de 3000 distribuídas por toda a xeografía galega, ocupando a case 22.000 persoas e xerando riqueza sobre todo en contornas pouco industrializas. Un sector estratéxico que posúe coñecemento e capacidades axeitadas para poñer en uso madeiras locais na construción.

Polo exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que fomente o coñecemento e divulgación de deseños de hábitats naturais, promovendo nos edificios públicos a utilización de madeiras locais como elemento decorativo e construtivo, que permitan unha maior humanización dos espazos destinados á cidadanía, ademais de servir como referente para o sector privado”.

Rexistro iniciativa: http://www.parlamentodegalicia.gal/Expedientes/11/PNC-000319

 

O Parlamento galego demanda ao Estado a cesión da xestión do Pazo de Meirás á Xunta de Galicia

Santiago, 17 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio nin de BNG nin de PSdeG, a través da que se demanda ao Estado a cesión da xestión do Pazo de Meirás á Xunta de Galicia, co obxectivo de desenvolver usos culturais que expliquen a historia do inmoble, reivindiquen o entendemento e a concordia, e afonden no papel das escritoras na historia da literatura, particularmente de Emilia Pardo Bazán.

Seguir leyendo

O Grupo Popular apoia que a Xunta axilice o procedemento para declarar BIC a Casa Cornide de A Coruña

Santiago, 17 de novembro de 2020.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei para que a Xunta axilice o procedemento necesario para declarar BIC o histórico edificio coruñés coñecido como Casa Cornide. “A nosa posición con respecto á este emblemático edificio é clara e, do mesmo xeito que xa o expresou o conselleiro de Cultura, o Concello vainos ter como aliados para a súa declaración como ben de interese cultural”, incidiu o deputado popular Alberto Pazos.

Seguir leyendo

Pedro Puy asegura que o proxecto de orzamentos do Estado “non dan resposta aos problemas da economía e teñen unha base pouco sólida”

Santiago, 16 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que o proxecto de orzamentos do Estado para 2021 “non dan resposta aos problemas da economía española, porque teñen unhas bases pouco sólidas, cunha previsión de evolución do PIB excesivamente optimista e un exceso de previsión do que se prevé recadar cando a pandemia aínda non está superada, senón que vemos que está a xerar ondas que limitan a capacidade produtiva da economía”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central información sobre prazos e investimento das infraestruturas pendentes en A Coruña

Santiago, 13 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG nin do BNG, a través da que se esixe ao Goberno de España información pormenorizada sobre os prazos de execución e investimento das infraestruturas que ten pendentes de realizar en A Coruña, facendo referencia con carácter prioritario: á conexión ferroviaria do porto exterior de Langosteira; á estación intermodal; á ampliación da Ponte da Pasaxe; á instalación da pasarela en Pedralonga; á Cuarta Rolda; á mellora do tren entre A Coruña e Ferrol e entre A Coruña e Lugo; á ampliación da superficie da terminal e a instalación de dous novos fingers no aeroporto de Alvedro; á ampliación da avenida Alfonso Molina; á dragaxe da ría do Burgo e o Vial 18; así como que avalíe a posibilidade de solicitar financiación á Unión Europea para a súa financiación con fondos Next Generation.

Seguir leyendo