Santiago, 4 de novembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio do Interior que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
Feijóo comparecerá no Pleno da vindeira semana para informar sobre a situación da Covid-19
Santiago, 3 de novembro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, informou hoxe que a Xunta de Portavoces acordou incluír unha comparecencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Pleno da vindeira semana para informar das medidas adoptadas polo Goberno galego na loita contra a pandemia da Covid-19.
Pedro Puy asegura que a rapidez coa que actúa a Xunta contra a expansión da Covid-19 non implica improvisación
Santiago, 2 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe comprender o malestar que pode xerar entre determinadas persoas ou colectivos as medidas adoptadas pola Xunta para evitar a expansión da Covid-19, pero salientou que o Goberno galego “está actuando con rapidez, o que non implica con improvisación, porque estas decisións son consecuencia dunha análise do Comité Clínico e das posibles alternativas para loitar contra a difusión do virus entre a cidadanía”. De cara ao Pleno da vindeira semana, Puy avanzou o debate de totalidade de dous proxectos de lei: o de ordenación do territorio de Galicia e o de pesca continental de Galicia.
Iniciativa en relación ao impulso da infraestrutura denominada «saída sur de Vigo»
Iniciativa en relación ao déficit de efectivos da Unidade de Policía adscrita e de axentes da Policía Nacional existente en Galicia
Iniciativa en relación ao déficit de efectivos da Unidade de Policía adscrita e de axentes da Policía Nacional existente en Galicia
Iniciativa sobre a defensa da propiedade privada como dereito fundamental e melloras na regulación do delito de usurpación da inmobles
Iniciativa sobre a posición do Parlamento na defensa da propiedade privada e demandas para mellora marco normativo sobre delito usurpación de inmobles
Pedro Puy cualifica o proxecto de orzamentos do Estado de “inverosímil, irreal e configurado para satisfacer a coalición que soporta ao Goberno”
Santiago, 1 de novembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que o proxecto de orzamentos do Estado para 2021 “é inverosímil, irreal e configurado para satisfacer a coalición que soporta o actual Goberno central”. Respecto da Comisión de Reactivación creada no Parlamento galego, manifestou que “o importante é que sexamos capaces de recibir e aunar todos aqueles esforzos e propostas políticas que permitan, sector por sector, que a crise social e económica que estamos a padecer pase rápido e remate ben”.
O PPdeG demanda a realización do plan director para a restauración do Parque do Pasatempo en Betanzos
Santiago, 30 de outubro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Luis Ferro demandou hoxe no Parlamento galego a realización dun plan director que recolla as especificacións técnicas necesarias para redactar os proxectos de restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos, un documento necesario para definir tanto as necesidades de actuación como a aportación económica precisa para desenvolver, posteriormente, unha folla de ruta de intervencións orientadas a reverter o deterioro do ben. Porén, lembrou que “estamos a falar dun ben de titularidade municipal, polo que o Concello é o responsable da súa conservación e mantemento”.
O Parlamento galego demanda regular os criterios de adquisición e distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado dos colexios
Santiago, 30 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e os socialistas, a través da que se insta á Xunta a regular os criterios e o procedemento de adquisición e distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado dos centros educativos de Galicia no curso 2020-21, co obxecto de ofrecer garantías xurídicas, lograr axilidade na aplicación da medida e evitar desigualdades entre os potenciais beneficiarios.
O Parlamento galego demanda ao Concello de Vigo a cesión do espazo para a construción da futura Biblioteca Pública
Santiago, 31 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, co voto en contra do grupo socialista, a través da que se reclama ao Concello de Vigo que realice, coa maior brevidade posible, a cesión do espazo para a edificación da futura Biblioteca Pública de Vigo.