Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta ao Goberno de España a habilitar a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria 2020-21, facilitando e levando á práctica cantas medidas sexan pertinentes para garantir a transparencia, a igualdade de condicións e a seguridade fronte á Covid-19. Así mesmo, no caso de que se manteña a elección telemática, pídese ao Goberno central un coñecemento das prazas dispoñibles en cada momento, asegurando así que Galicia non quede con prazas vacantes de sanitarios residentes por mor do sistema de elección.
O PPdeG asegura que a Casa da Quintán en Pontecaldelas ten todo listo para a súa licitación como un centro de menores pioneiro en España
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe no Parlamento galego que a Casa da Quintán en Pontecaldelas “xa ten todo listo para que se licite a súa posta en marcha como centro de menores, que será pioneiro en España polo seu carácter especializado”.
O Grupo Popular traslada o pésame á familia de Isaura Abelairas e a todos os compañeiros do PSdeG
Santiago, 3 de xuño de 2021.- O Grupo Parlamentario Popular expresa o seu máis sentido pésame polo pasamento esta noite da deputada Isaura Abelairas á familia e a todos os compañeiros do Partido Socialista de Galicia.
O PPdeG critica que BNG e PSdeG pidan que a Xunta asuma actuacións no IES de Chapela competencia do Concello, o Goberno central ou Audasa
Santiago, 2 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Felisa Rodríguez criticou hoxe no Parlamento galego que “BNE e PSdeG pretendan que a Xunta de Galicia se faga cargo de actuacións que son competencia do Goberno central, o Concello de Redondela ou Audasa para a mellora do IES de Chapela”.
O Parlamento galego pide ao Goberno central que reconsidere a decisión de centralizar en A Coruña as salas do 091 de Ourense e Lugo
Santiago, 2 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que reconsidere a súa decisión de centralizar as salas 091 da Policía Nacional de Ourense e Lugo no CIMACC de A Coruña, e restaure este servizo en Ourense e Lugo ao obxecto de seguir prestando un servizo público eficaz e próximo aos cidadáns.
O Grupo Popular asegura que a Xunta continuará convocando procesos selectivos de funcionarios para seguir reducindo a temporalidade
Santiago, 2 de xuño de 2021.- A deputada do Grupo Popular Ana Belén García Vidal asegurou hoxe no Parlamento que a Xunta “continuará convocando procesos selectivos de empregados públicos para seguir reducindo a temporalidade coa máxima seguridade xurídica, a pesar de ter a taxa máis baixa de España”.
Alegacións ao proxecto de orde sobre prezos dos cargos do sistema eléctrico e pagos por capacidade
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central de atención ás alegacións presentadas pola xunta respecto do Proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que resultan de aplicación a partir do 1 de xuño de 2021
Demandas en relación co deseño e presentación oficial do Plan turístico nacional Xacobeo 2021-2022
Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o goberno galego ao Goberno central en relación co deseño e presentación oficial do Plan turístico nacional Xacobeo 2021-2022
Acordos da Xunta Directiva
Acordos da Xunta Directiva relativos á convocatoria do 17º Congreso do PPdeG
Acordos da Xunta Directiva
Acordos da Xunta Directiva relativos á convocatoria do 17º Congreso do PPdeG