Santiago, 8 de abril de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, avogou hoxe no Parlamento galego por “intensificar os procesos de cribado e detección precoz do cancro, co obxectivo de reverter na medida do posible o problema de déficit de diagnósticos provocado pola pandemia sanitaria no 2020”. Así mesmo, demandou ao Goberno galego que avalíe a implementación de novos sistemas de cribado e detección precoz do cancro para casos e tipos que hoxe aínda non estean sendo incorporados aos procesos que leva a cabo o Sergas.
O Parlamento galego demanda apoio para a introdución do deseño nas estratexias empresariais
Santiago, 7 de abril de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar novas iniciativas e instrumentos de apoio económico ás pequenas e medianas empresas para introducir o deseño nas estratexias empresariais, que permitan favorecer a recuperación da crise a través da utilización de ferramentas e metodoloxías de pensamento creativo que propicie a xeración de novo valor en produtos, servizos e modelos de negocio máis sostibles e máis dixitais.
O Grupo Popular critica que “o BNG sexa o mellor aliado da errática e contraditoria política enerxética do Goberno de Pedro Sánchez”
Santiago, 7 de abril de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, criticou hoxe no Parlamento galego que “o BNG sexa o mellor aliado da errática e contraditoria política enerxética do Goberno de Pedro Sánchez que está a provocar que as empresas pechen ou abandonen Galicia e España”. Deste xeito, no debate dunha proposición non de lei sobre a situación da empresa Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL), demandou que “se aos nacionalistas galegos lles preocupan realmente os traballadores desta empresa, pidan ao Goberno de España que rectifique esta política enerxética, que está deixando a un lado a industria e está poñendo nunha situación verdadeiramente complicada os empregos industriais”.
Actuacións en relación coa atención á fibrose pulmonar idiopática
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención á fibrose pulmonar idiopática
Complementariedade do Ingreso Minimo Vital coa prestación por fillo ao cargo
Inidiciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co acceso das familias ás prestacións por fillo ao cargo e ao ingreso mínimo vital
O Parlamento galego rexeita por unanimidade a nota remitida pola DG Mare ao Parlamento Europeo sobre a revisión do control da pesca da UE
Santiago, 6 de abril de 2021.- O Grupo Popular acadou hoxe o apoio unánime da Comisión de Pesca do Parlamento galego á súa proposición non de lei para rexeitar a nota explicativa remitida pola DG Mare da Comisión Europea ao Parlamento Europeo sobre a revisión do sistema de control da pesca da Unión Europea no contexto do Pacto Verde e a Estratexia de Biodiversidade da UE para 2030, que podería recompensar e legalizar a infradeclaración, conduce a unha sobrepesca masiva e permite que os recortes ilegais continúen sen ser detectados e ameacen a explotación sustentable dos recursos biolóxicos mariños.
O PPdeG reitera o compromiso da Xunta cos mariscadores da ría de Burgo e reitera a disposición de aportar 100.000 euros para paliar as súas perdas pola dragaxe
Santiago, 6 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez reiterou hoxe “o compromiso da Xunta” coas persoas mariscadoras da ría do Burgo e reiterou a disposición do Goberno galego de aportar 100.000 euros do orzamento de 2021 para artellar un plan social que palíe as perdas que este colectivo sufra pola falla de actividade durante a execución da dragaxe desta ría.
O PPdeG afirma que a Xunta xa iniciou en xuño o expediente para licitar a dragaxe do porto de Tupide en Foz
Santiago, 6 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega afirmou hoxe que a Xunta “xa iniciou o pasado mes de xuño o expediente de licitación da redacción de estudos ambientais e proxectos de dragaxe de varios portos galegos, entre os que figura a reestruturación do porto deportivo de Tupide en Foz”.
O Grupo Popular demandará no Pleno que o Goberno central axilice o traspaso dos fondos para autónomos e empresas, e modifique os criterios de reparto para non prexudicar a Galicia
Santiago, 6 de abril de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana ao Goberno de España máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta para a transferencia dos fondos derivados do Real Decreto-Ley de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da Covid-19, ao tempo que modifique os criterios de reparto para que non penalice á Comunidade galega. Así mesmo, volverase esixir ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol.
Tellado: “O emprego en Galicia aguanta mellor que no Estado malia a pandemia e o trato inxusto do Goberno no reparto de fondos”
O secretario xeral resalta que a prioridade é manter o maior número de postos de traballo posibles apoiando aos nosos sectores económicos