O PPdeG inicia o curso político “poñéndose deberes” a nivel municipal, autonómico e nacional

Paula Prado supervisou xunto ao Luis López e Jorge Cubela os traballos de montaxe do acto que os populares celebrarán mañá en Cerdedo-Cotobade
Alberto Pazos: “Solicitan un pleno en base a premisas que saben falsas, deberían respectar a intelixencia dos galegos, o bo facer dos profesionais do Sergas ou, polo menos, a realidade dos feitos”

Santiago, 26 de agosto de 2022- O viceportavoz do Grupo Popular Alberto Pazos sinalou hoxe durante a celebración da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia que solicitar un pleno “en base a unhas premisas que saben falsas, e perdendo calquera atisbo de credibilidade, pero semella que calquera prezo parécelles barato para desgastar ao Goberno galego” en referencia á petición de comparecencia feita polo BNG, e instou a que “respecten a intelixencia dos galegos, o bo facer dos profesionais do Sergas, que decidiron as actuacións e recursos a enviar ou, polo menos, que respecten a realidade dos feitos” no caso acontecido recentemente en Sanxenxo cunha muller falecida.
O Grupo Popular demanda ao Goberno medidas para permitir a viabilidade da industria intensiva como xa están a facer outros países europeos

Santiago, 25 de agosto de 2022- Ante a pasividade do Goberno central na adopción de medidas para permitir a viabilidade da industria electrointensiva, o Grupo Parlamentario Popular demandará no Parlamento de Galicia adoptar medidas por parte do Executivo de Pedro Sánchez, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros da UE, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, en favor de empresas de gran consumo enerxético.
O PPdeG abrirá o curso político en Cerdedo-Cotobade cun acto encabezado por Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda

Os populares celebrarán o sábado este tradicional evento que acollerá a máis de medio milleiro de asistentes na Carballeira de San Xusto
Ciclo orzamentario, Plan estratéxico para 2030 ou os ditames das Comisións para o financiamento autonómico e das políticas relativas á discapacidade, prioridades do próximo período de sesións

Santiago, 22 de agosto de 2022- O portavoz do Grupo Popular Pedro Puy sinalou hoxe en rolda de prensa que as prioridades políticas para o próximo período de sesións estará centrado en cuestións económicos, cos orzamentos, o Plan estratéxico para 2030 e o financiamento autonómico, e aspectos sociais como as propostas da Comisión para o seguimento das políticas relativas á discapacidade ou as reformas no ámbito sanitario.
O PPdeG insta ao Goberno central a acometer as actuacións necesarias para que os trens AVRIL circulen en Galicia canto antes

Os populares tamén solicitan que se informe das previsións e dos novos prazos estimados ás diferentes administracións interesadas, en especial á Xunta de Galicia
O PPdeG pide ao Goberno central que rectifique o seu “errático” modelo enerxético e solicita que se convoque a Conferencia de Presidentes

Marta Nóvoa lamenta que o Executivo de Sánchez aprobara o Decreto de aforro enerxético sen escoitar ás Comunidades Autónomas, aos sectores afectados e as recomendación da Comisión Europea
O Grupo Popular solicita por vía urxente ao Goberno central a declaración de zona catastrófica dos concellos afectados polos lumes no mes de xullo

Santiago, 11 de agosto de 2022- O Grupo Popular vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria por vía urxente encamiñada a dirixirse ao Goberno central co obxectivo de declarar os concellos afectados polos lumes do mes de xullo, provocados por un fenómeno atmosférico extraordinario e que afectaron na súa maioría ás provincias de Lugo e Ourense, como zona catastrófica (zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, segundo a denominación normativa) e facelo o máis axiña posible, na busca da maior axilidade e da menor burocracia posible na posta en marcha e execución das axudas e a restauración das zonas afectadas.
Paula Prado anima á poboación galega a “doar sangue co obxectivo de doar vida”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anima á poboación galega a doar sangue, un “xesto sinxelo” que ela mesma fixo en Santiago de Compostela e para o que xa non é preciso concertar cita previa.
