O Parlamento aproba instar á Xunta a que regule o funcionamento das Unidades de Mama

Santiago, 25 de febreiro de 2021.- O Parlamento aprobou a iniciativa que instaba á Xunta a que regule o funcionamento das Unidades de Mama, para homoxeneizalas en todas as áreas sanitarias galegas e que serva de referencia para a organización dos equipos de atención multidisciplinar doutras patoloxías, comezando polo solo pélvico; unha proposición non de Lei presentada polos populares galegos. “O máis importante é que ese traballo conxunto redunde nunha mellora na atención ás pacientes e ás súas familias e nunha mellora nas expectativas de curación”, subliñou Noelia Pérez.

Seguir leyendo

O PPdeG posibilita que o Parlamento aprobe demandar á Xunta unha mesa de traballo interinstitucional para mellorar os protocolos de atención ás familias en caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros

Santiago, 25 de febreiro de 2021.- Os populares galegos posibilitaron a aprobación no Parlamento da proposición non de Lei que demanda á Xunta a coordinación dunha mesa de traballo interinstitucional coa fin de revisar e mellorar os protocolos de atención ás familias no caso de falecemento en accidente dalgún dos seus membros, unha iniciativa parlamentaria do Grupo Socialista que contou co apoio do PPdeG.

Seguir leyendo

O Parlamento galego aproba a revisión do Plan Forestal, que busca a eficiencia a través da ordenación e a xestión sustentable do monte

Santiago, 24 de febreiro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a revisión do Plan Forestal, “un instrumento básico de planificación forestal que busca a eficiencia a través da ordenación e a xestión sustentable dos espazos e recursos forestais”, sinalou a portavoz popular do Medio Rural, Elena Candia. Así mesmo, lamentou que tanto BNG como PSdeG rexeitaran a proposta realizada onte polo conselleiro de regular unha suspensión temporal das novas plantacións de eucalipto naquelas superficies nas que non se tivera plantado ata o momento da suspensión e asegurou que “no PPdeG seguiremos traballando con vostedes ao lado ou de fronte, porque defendemos a convivencia pacífica dos tres usos do rural galego: o forestal, o gandeiro e o agrícola”.

Seguir leyendo

O Parlamento pide ao Goberno central aprobar unha Lei de Igualdade Salarial para rematar coa fenda de xénero entre homes e mulleres

Santiago, 24 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia deu luz verde hoxe por unanimidade á proposición non de Lei presentada polo Grupo Parlamentario Popular que solicitaba a aprobación dunha Lei de Igualdade Salarial para rematar coa fenda salarial de xénero entre homes e mulleres: “É unha prioridade e pedimos que o Goberno de España a aprobe canto antes e, mentres non o fai, que se incremente a dote de recursos suficientes á inspección laboral co fin de perseguir calquera discriminación que por razón de xénero se produza no ámbito de traballo”.

Seguir leyendo

Puy avoga por achegar posturas para que Galicia defenda o que lle corresponde dos Fondos Europeos para impulsar os cambios que garantan o futuro

Santiago, 24 de febreiro de 2021- O portavoz do Grupo Popular avogou hoxe no Pleno do Parlamento por achegar posturas para que Galicia poida defender “o que lle corresponde en diálogo co Goberno de España e as demais comunidades autónomas, que nos permita a todos aproveitar a solidariedade europea dos Fondos COVID para impulsar os cambios que a economía galega e española terán que realizar no futuro se queren garantir o benestar”.

Seguir leyendo