Skip to content

O Grupo Popular lamenta que o esforzo da Xunta no incremento das prazas MIR non sexa correspondido polo Goberno de España

Santiago, 27 de xullo de 2022.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, destacou esta tarde o extraordinario esforzo realizado pola Xunta na convocatoria de formación sanitaria especializada de este ano, na que a Comunidade galega incrementa un 45 por cento a súa oferta de prazas formativas para especialistas en medicina de familia ante o grave problema de déficit destes profesionais que está a sufrir toda España.

“A Xunta fixo todo o que está na súa man e o Goberno de España nada do que está na súa”, destacou Amigo, lembrando que o Goberno de Pedro Sánchez leva seis anos incumprindo un acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde aprobado por unanimidade en abril de 2018 no que se solicitaba a revisión e flexibilización dos criterios de acreditación de prazas de especialidades deficitarias como a medicina de familia.

 

“O aumento de prazas do que presume agora o PSdeG non é ningún mérito de Pedro Sánchez senón que foi conseguido co esforzo e co orzamento das comunidades autónomas, en particular de Galicia, mentres o Ministerio non fixo nada para facilitar o proceso de acreditación de máis prazas formativas”. Galicia, destacou a voceira popular, conseguiu duplicar as súas prazas formativas desta especialidade en cinco anos a pesares das rixideces do sistema, pero chegou ao seu tope sen que o Goberno de España tomase nin unha soa medida para flexibilizar o proceso e permitir acreditar máis prazas.

INCREMENTO EXTRAORDINARIO DE PRAZAS

 

A portavoz popular lembrou que a Xunta promoveu un manifesto xunto co Goberno vasco, ao que se adheriron outros cinco gobernos autonómicos, no que se esixe ao Goberno central que cumpra os seus compromisos pendentes coas comunidades autónomas e tome as medidas que permitan un incremento de arredor de 1.000 prazas MIR máis de medicina de familia nas convocatorias dos vindeiros anos para poder cubrir as xubilacións que se van producir. Esta demanda foi, ademais, respaldada pola maioría do Congreso dos Deputados nas votacións de resolucións que se produciron tras o Debate do Estado da Nación.

 

Encarna Amigo destacou que “ese incremento extraordinario é imposible se non se produce antes unha revisión dos criterios de acreditación de unidades docentes”, xa que os requisitos vixentes provocan que centros pequenos de contornas rurais, habituais en Galicia, non poidan participar na formación de residentes. Ou vetan como centros docentes aqueles que leven menos de 2 anos funcionando. “Na situación na que estamos, non sería comprensible que o Centro Integral de Saúde que comezará a funcionar este ano en Lugo estea dous anos sen poder formar médicos”, dixo.

 

“A Xunta remitiu xa en outubro pasado 20 propostas ao Ministerio de Sanidade para a reforma deste sistema de acreditación formativa”, lembrou Amigo, “das que o conselleiro deu conta no Parlamento a pregunta deste grupo”. Porén, o Goberno de España non fixo ningún avance nesa revisión normativa comprometida desde o ano 2018.

 

“Por se acaso o Ministerio ten a ben concluír esa revisión e facilita a creación de máis prazas formativas, a Xunta solicitou ante o Ministerio esta semana que a orde que regula a convocatoria MIR deste ano permitise incorporar novas prazas no caso de que se puideran acreditar nos vindeiros meses”, detallou a deputada popular, “pero lamentablemente o Goberno de España negouse, o que pode xerar outra situación absurda como a deste ano cando o Ministerio non permitiu a Galicia incluír na oferta as novas prazas que tiña acreditadas e obrigou a pospoñelas ata a convocatoria do vindeiro ano”. “O Goberno de Sánchez non é consciente da situación de urxencia que ten a primaria en toda España”, lamentou Amigo.

 

OS RESIDENTES SI QUEDAN EN GALICIA

 

A voceira de Sanidade do Grupo Popular asegurou que a Xunta fai o máximo esforzo por reter aos médicos que rematan a súa residencia e considerou que os datos ofrecidos hoxe polo deputado socialista Julio Torrado “están totalmente desmentidos pola Xunta, que acreditou xa hai meses no Parlamento que, dende o ano 2010 ata a actualidade, o 90 por cento dos MIR galegos que realizaron a súa especialidade en medicina familiar e comunitaria están agora mesmo a traballar no Sergas”.

 

“Dous terzos dos mesmos contan xa con praza en propiedade”, destacou Amigo lembrando os datos ofrecidos polo conselleiro na Cámara “e ademais este ano a Xunta está a ofrecer aos residentes que rematan o MIR de medicina de familia prazas en propiedade sen oposición a través dun concurso de méritos”, sinalou referíndose á oferta de emprego de facultativo especialista en atención primaria que a Xunta lanzou este ano para incentivar as prazas de difícil cobertura nos centros de saúde galegos.

 

“Curiosamente, o mesmo PSdeG que di hoxe que as condicións laborais son deplorables e a precariedade moi alta votou en contra da Lei que habilitou á Xunta para ofrecer a estes residentes unha praza en propiedade a través dun concurso de méritos, que é a máxima estabilidade posible”, destacou a deputada popular.

Noticias recomendadas

O PPdeG pon de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan: “Estables, ben xestionados e cada vez con mellores servizos”
O Partido Popular puxo hoxe de exemplo a Lalín de como queren que sexan os concellos que gobernan, neste momento xa 154 en toda Galicia e 27 na provincia de
O PPdeG interésase no Congreso polas actuacións sen executar nos Camiños de Santiago que comprometeu o Goberno central en 2019
Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso mostraron o seu interese, a través dunha serie de preguntas escritas que veñen de rexistrar, en coñecer o estado no que
O PPdeG reclama a Sánchez que rebaixe a protección do lobo e deixe de dar as costas a Europa e aos gandeiros galegos
O Partido Popular de Galicia reclama a Pedro Sánchez que deixe de dar as costas a Europa e aos gandeiros galegos rectificando a súa postura sobre a protección do lobo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies