Santiago, 18 de febreiro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez explicou hoxe no Parlamento que “o plan de recuperación de actividades marítimas que agora piden desde o PSdeG chámase Avantemar e a Xunta púxoo en vigor o pasado mes de xuño e dotouno con 77 millóns de euros”.
O PPdeG insiste que a Xunta está disposta a achegar 100.000 euros para apoiar aos marisqueiros afectados pola dragaxe da ría do Burgo
Santiago, 18 de febreiro de 2021.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento galego na vontade da Xunta de Galicia de achegar 100.000 euros para o plan social de apoiou aos mariscadores afectados pola dragaxe da ría do Burgo, “a pesar de que é o Goberno central o promotor da obra e quen debe facerse cargo das indemnizacións correspondentes aos afectados”.
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación que están a padecer as mulleres no ámbito laboral e familiar
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación que están a padecer as mulleres no ámbito laboral e familiar
Iniciativa sobre demanda de encarga da construción dun buque de acción marítima para a Armada española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
Iniciativa sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da encarga da construción dun buque de acción marítima para a Armada española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
Iniciativa sobre o impulso e desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia para o sector cárnico
Iniciativa sobre o impulso e desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia para o sector cárnico
Iniciativa sobre un plan de prevención para minimizar o risco de incendios forestais e aumentar a resiliencia en Galicia
Iniciativa sobre a elaboración polo Goberno galego, para o ano 2021, dun plan de prevención para minimizar o risco de incendios forestais e aumentar a resiliencia en Galicia
O Parlamento galego demanda a baixada do IVE do 21 ao 10% para os salóns de peiteado
Santiago, 17 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno de España a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19.
O Grupo Popular solicita ao Goberno central a convocatoria urxente da mesa para garantir o futuro industrial de Alu Ibérica en A Coruña
Santiago, 17 de febreiro de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, incidiu hoxe no Parlamento galego en que “o Goberno central convoque canto antes a mesa para garantir o futuro industrial da fábrica de Alu Ibérica en A Coruña, onde se explique tamén os motivos dos despedimentos realizados nos últimos días que van en contra de todo intento de acadar a paz social nesta empresa”.
O Grupo Popular demanda no Parlamento ao Concello de Sarria a execución do proxecto de mellora da rúa Diego Pazos
Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro requiriu hoxe no Parlamento galego ao Concello de Sarria a execución do proxecto de peonalización e mellora comercial da rúa Diego Pazos, segundo o proxecto técnico inicialmente presentado e coa autorización da Xunta. Porén, matizou que “o Goberno galego está disposto a autorizar ao Concello unha reparación puntual e urxente desta rúa, pero sen renunciar á súa actuación completa e integral como estaba previsto inicialmente”.
O Parlamento galego demanda á empresa Energy que cumpra coas súas obrigas no servizo da barcaza que une Santiso e Vila de Cruces
Santiago, 16 de febreiro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a tomar as medidas necesarias para que a empresa concesionaria do encoro de Portodemouros, situado no curso do Ulla medio entre os concellos de Santiso, Arzúa e Vila de Cruces, cumpra coas súas obrigas a respecto das condicións que debe observar a barcaza e as instalacións que comunican as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso), segundo o establecido nas condicións da concesión do encoro á empresa Naturgy.