O Parlamento galego demanda seguir ampliando a Rede galega de atención temperá

Santiago, 16 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita continuar ampliando a rede galega de atención temperá mediante a posta en marcha de novas unidades especializadas en previr e tratar trastornos do desenvolvemento en nenas e nenos de ata 6 anos. A deputada popular Noelia Pérez considerou necesario que “se sigan incrementando as unidades de titularidade municipal para dar unha maior cobertura territorial, reducir as listas de agarda e evitar que as familias teñan que desprazarse para recibir este servizo”.

Seguir leyendo

O PPdeG afirma que as tres prazas de tarde de sanitarios en Moaña serán cubertas en breve porque existe máis demanda que oferta

Santiago, 16 de xuño de 2022.- O deputado popular Alberto Pazos salientou lembrou hoxe no Parlamento galego que a Xunta ofertou as tres vacantes sanitarias existentes en Moaña “e hoxe ten máis solicitantes que prazas, polo que se cubrirán en canto remate o proceso de selección, o máis breve posible de cantos eran posibles a pesar da oposición amosada polo BNG e o PSdeG no Parlamento á creación da categoría de facultativo especialista de atención primaria”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular pide ao Ministerio celeridade para solucionar o peche da A-6 e reclama información periódica a cidadáns, transportistas e administracións

Santiago, 15 de xuño de 2022.- Os deputados do Grupo Popular veñen de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que reclaman ao Ministerio de Transportes que actúe con celeridade para dar solución ao problema xerado tras o colapso e peche á circulación do viaduto do Castro, na Autovía do Noroeste (A-6), unha das principais vías de entrada e saída de Galicia coa Meseta.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Ministerio do Interior que cubra as vacantes existentes na Policía Autonómica

Santiago, 15 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se reclama ao Ministerio do Interior a inmediata articulación dun concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir as vacantes existentes na Unidade de Policía Adscrita a Galicia. A viceportavoz popular, Paula Prado, sinalou que “os escasos 367 efectivos que integran neste momento esta unidade, fronte aos 500 previstos no seu cadro de persoal, están a afectar ao seu correcto funcionamento e, en consecuencia, prexudican á seguridade da cidadanía galega”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Goberno central que non aplique o decreto que elimina a tramitación ambiental de determinados parques eólicos

Santiago, 15 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno que non aplique os criterios do Real Decreto-lei 6/2022 para eliminar, en determinados parques eólicos de ata 75 MW, o procedemento de avaliación ambiental, o trámite de información pública e as peticións de informes sectoriais que permiten unha axeitada tramitación ambiental.

Seguir leyendo

O Grupo Popular afirma que a Xunta avanza cara a profesionalización do Servizo de prevención e loita contra os incendios forestais

Santiago, 15 de xuño de 2022.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada afirmou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Consellería do Medio Rural “está a deseñar medidas de optimización do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, en canto a organización, loxística, dotación de medios e formación, co fin de dar un salto de calidade que permita afrontar as próximas décadas dun maior nivel de profesionalización”. En concreto, indicou que “atópase nun proceso de funcionarización do persoal laboral deste servizo e o paso do persoal de nove a doce meses de contratación”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular volve reclamar no Pleno do Parlamento a transferencia a Galicia da xestión do dominio público marítimo-terrestre

Santiago, 15 de xuño de 2022.- A deputada popular Teresa Egerique volveu reclamar hoxe no Pleno do Parlamento galego a transferencia da competencia da xestión do dominio público marítimo-terrestre á Comunidade galega, con que “conseguiríamos reducir problemas administrativos de duplicidade e poderíamos realizar unha xestión de proximidade do territorio galego, do que a Xunta ten un coñecemento máis detallado do que ten a Administración central”.

Seguir leyendo