Teresa Egerique lamenta o desagradable episodio protagonizado por BNG e PSdeG na Comisión 4ª do Parlamento galego

Santiago, 10 de xuño de 2022.- A Presidenta da Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, Teresa Egerique, lamenta o desagradable episodio protagonizado por BNG e PSdeG na sesión celebrada hoxe desta comisión, logo da súa decisión de acumular sendas iniciativas do Grupo Popular e do BNG ao considerar que se trataban asuntos “conexos entre si”, acolléndose ao recollido nos artigos 78.2 e 162.2 do Regulamento do Parlamento.

Seguir leyendo

Aprobado o ditame do proxecto de Lei do ciclo integral da auga, paso previo á súa aprobación definitiva polo Pleno

Santiago, 9 de xuño de 2022.- A Comisión 2ª do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, co que este novo texto lexislativo queda pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria. “Esta nova lei ofrecerá a todos os galegos un novo instrumento público 100 por cento para dar un mellor servizo público no ciclo integral da auga”, sinalou o deputado popular José Manuel Rey.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central a que destine fondos europeos para a construción do gasoducto Guitiriz-Zamora

Santiago, 8 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada co Grupo Socialista e que non contou co apoio do BNG, a través da que se solicita ao Goberno central que promova o financiamento con fondos europeos a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora para impulsar no medio e longo prazo o transporte de gases renovables e de hidróxeno, de acordo cos escenarios do Plan nacional de enerxía e clima 2021-2030. Así mesmo, pídese, no actual contexto europeo, o desenvolvemento da terceira interconexión con Portugal, garantindo a integración de todos os territorios da península ibérica.

Seguir leyendo