O Parlamento demanda ás autoridades de Uruguai que garantan a atención sanitaria aos socios da Casa de Galicia e a integridade do patrimonio cultural e artístico desta entidade

Santiago, 20 de abril de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ás autoridades competentes de Uruguai que se tomen todas as medidas necesarias para garantir a protección sanitaria dos socios de Casa de Galicia, así como todas aquelas que, axustadas a dereito, garantan a protección e a integridade do patrimonio cultural, artístico e histórico desta entidade para que permanezan no ámbito da galeguidade no propio país, axudando aos socios na súa adquisición, ou facendo directamente a Administración, no caso de non ser posible outra solución. Ademais, demándase que tanto o Estado como a Xunta continúen coas medidas que correspondan dentro das súas competencias para asegurar a protección socio-sanitaria dos emigrantes galegos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demandará no Pleno a revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar e a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión

Santiago, 19 de abril de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España inicie o proceso de revisión dos coeficientes redutores dos traballadores do mar para acadar a pensión de xubilación, adecuando os mesmos ás circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola.

Seguir leyendo

Pedro Puy afirma que a nova lei de xestión do ciclo integral da auga garantirá unha prestación de servizos profesional e de calidade

Santiago, 18 de abril de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana debaterá a toma en consideración do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, “que porá a disposición dos concellos un sistema voluntario para garantir unha prestación de servizos profesional e de calidade”.

Seguir leyendo

O Parlamento aproba o impulso ao plan estratéxico da comarca da Limia e demandas cara a unha maior sustentabilidade da actividade agropecuaria na comarca

Santiago, 13 de abril de 2022- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha iniciativa referida ao impulso do plan estratéxico do sector agrario na comarca da Limia así como a demanda ao Goberno de España da axilización das autorizacións para a construción dos pozos de sondaxe, financiamento para a modernización do regadío, limpeza das canles e camiños, así como adicar fondos europeos Nex Generation para solucionar a problemática da xestión dos xurros nas explotacións gandeira na comarca.

Seguir leyendo