Di que os populares cumplen a promesa de celebrar un proceso tranquilo, ordenado e que reflicte a unidade da organización que dá estabilidade a Galicia
A presidenta da Comisión Organizadora do 18º Congreso do PPdeG, Elena Candia, afirmou que o conclave autonómico é unha oportunidade para seguir acertando e continuar renovando a confianza dos galegos e galegas: “Fixemos as cousas ben, estamos facendo as cousas ben e farémolas nun futuro para seguir demostrando que somos o partido que máis se parece a Galicia”.
Antes de dar comezo a primeira xuntanza da COC, resaltou que os populares cumplen a promesa que asumiron coa cidadanía de celebrar un proceso tranquilo, ordenado e que reflicte a unidade “como unha das nosas fortalezas e un dos piares que dá estabilidade tanto ao noso partido como a Galicia”.
Candia incidiu na importancia do diálogo da formación coa súa militancia, animando a que esta opine e participe “no Congreso da nosa maioría de idade”. “Este espazo debe servir para amosarlle aos galegos os signos de identidade que nos fixeron o partido que máis se parece a Galicia, o que conseguiu maiorías absolutas”, insistiu.
Así mesmo, subliñou que a súa formación, na que máis confían os galegos, é o mellor instrumento para frear os populismos e os nacionalismos radicais, sendo o único proxecto político capaz de resolver os problemas da cidadanía.
Como sinalou, a partir de hoxe, os integrantes da Comisión Organizadora asumen, con responsabilidade, o importante fito de escribir unha folla máis da historia desta formación, á que cualificou como a mellor de todas as organizacións políticas.