O Grupo Popular afirma que a Lei de medidas reaxusta a lexislación para axudar á reactivación económica e recuperar a economía

Santiago, 22 de novembro de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que o proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña ao proxecto de Lei de orzamentos da Xunta para 2022 “aporta unha solución importante para captar profesionais de atención primaria a atender así as carencias de persoal; intensifica as políticas de igualdade; reduce a presión fiscal aos sectores máis castigados pola crise; e modifica lexislación para mellorar a execución das políticas de mobilidade, forestais e do medio rural”.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Ministerio de Agricultura que permita a plantación de pataca nos concellos con baixa positividade de couza guatemalteca

Santiago, 19 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o apoio do Grupo Socialista, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Agricultura que permita a plantación de patacas naqueles concellos cun número insignificante de positivos e delimitar as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas pola couza guatemalteca.

Seguir leyendo

O Grupo Popular incorpora axudas para a compra de vivenda polos mozos nas súas emendas ás leis de orzamentos e de medidas para 2022

Santiago, 18 de novembro de 2021.- O Grupo Popular incorpora nas súas emendas ao proxecto de orzamentos da Xunta para 2022 e ao proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas unha liña de axudas para a adquisición de vivendas por parte da xuventude e posibilitar unha actualización dos contratos de obras públicas para paliar o impacto da falta de abastecemento e incremento do prezo dos materiais.

Seguir leyendo

O Parlamento galego pide ao Goberno central a reversión do dominio público portuario cara aos concellos

Santiago, 16 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a traǘes da que se solicita á Dirección General de la Costa y el Mar, dependente do Ministerio de Transición Ecológica y el Reto Demográfico, que considere favorablemente a reversión do dominio público portuario e a posterior desafectación cara aos concellos para que a titularidade dos terreos portuarios reverta nas entidades municipais onde se sitúan os terreos.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno de España que reoriente o Plan de resiliencia para atender o sector marítimo-pesqueiro

Santiago, 16 de novembro de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co voto en contra do PSdeG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a reorientación do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (PRTR) cara ás necesidades de mellora e avance do sector marítimo-pesqueiro e da cadea mar-industria, con especial incidencia na busca dunha axeitada remuda xeracional e na mellora da competitividade da estrutura produtiva e da protección do medio mariño mediante medidas de cogobernanza co sector.

Seguir leyendo