Santiago, 8 de marzo de 2021.- O Grupo Popular incidirá no Pleno que se celebra esta semana no crecente protagonismo que está a conseguir a muller no ámbito da ciencia, “pero aínda insuficiente, polo que demandaremos a posta en marcha do III Programa galego de muller e ciencia”, sinalou o portavoz popular, Pedro Puy.
Feijóo salienta que o PPdeG leva décadas liderando a loita pola igualdade real e efectiva desde as institucións
O presidente afirma que a igualdade é un desafío de todos e manifesta que seguirán traballando por todas as mulleres da nosa Comunidade
Tellado: “Sánchez ten que rectificar e buscar solucións tras provocar a maior crise industrial da nosa historia recente”
Di que, malia sumar catro millóns de desempregados e ter un millón de traballadores en ERTE, o Goberno quere botar a ENCE e Alu Ibérica do país
Demanda da transferencia a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre
Iniciativa sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da transferencia a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre
Iniciativa sobre a avaliación do II Programa de Muller e Ciencia e o inicio da elaboración do III programa
Iniciativa sobre a elaboración pola Xunta de Galicia da avaliación do II Programa de Muller e Ciencia, e o inicio da elaboración do III Programa
O Grupo Popular critica que BNG e PSdeG pretendan agora cambiar o Plan de Vivenda 2021-2025, aprobado co consenso de todo o sector
Santiago, 3 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marisol Díaz criticou hoxe a BNG e PSdeG por “propoñer agora cambiar as liñas estratéxicas do Plan de Vivenda de Galicia 2021-2025 cando é un documento que naceu co consenso de todos os axentes implicados neste sector, con medidas que xa probaron a súa eficacia e outras que darán resposta ás novas necesidades, ademais de estar dotado convenientemente de orzamento”.
O Parlamento galego urxe ao Goberno central o arranxo urxente do túnel do Folgoso na A-52 e abrilo ao tráfico con garantías de seguridade
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España o arranxo urxente do túnel do Folgoso, na autovía das Rías Baixas.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que rectifique e atenda a demanda dunha nova subestación eléctrica para Balaídos
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda do Goberno de España rectifique e inclúa na Planificación de Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a construción dunha nova subestación para atender a demanda industrial de Balaídos e conectar a Vigo á rede de transporte de 220 kilovoltios, facilitando unha subministración eléctrica moderna con capacidade de ofrecer estabilidade ao servizo.
O PPdeG apoia no Parlamento que a Xunta adopte medidas para evitar o traslado do centro de Naturgy a Madrid
Santiago, 3 de marzo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que adopte todas as medidas ao seu alcance para evitar o traslado do centro operativo de rede norte de Naturgy a Madrid, ao tempo que se obriga á empresa, como primeiro subministrador eléctrico de Galicia, a garantir a calidade do seu subministro eléctrico en toda a Comunidade galega.
O PPdeG critica que o PSdeG pretenda que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei co proxecto de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo
Santiago, 3 de marzo de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao PSdeG de “pretender que o Goberno galego prevarique e incumpra a lei emitindo unha declaración de impacto ambiental negativa sen avaliación e sen terse recibido aínda o expediente” sobre o proxecto de liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo ata a subestación do polígono de Morás en Arteixo.