Santiago, 3 de marzo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Cristina Sanz insistiu hoxe no Parlamento na “vontade total de apoio” por parte da Xunta e do PPdeG aos traballadores da empresa Galicia Textil en Neda e lembrou que “estamos ante un conflito laboral cuxa resolución está agora en mans da xurisdición social”.
O Parlamento galego demanda ao Goberno central que cubra todas as prazas de sanitarios no Instituto Social da Mariña
Santiago, 2 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que cubra o a totalidade das prazas de profesionais sanitarios do Instituto Social da Mariña (ISM), dependente do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Tellado: “Galicia segue a resistir os efectos da pandemia mellor que o conxunto de España”
Destaca que, malia que a Comunidade aposta por unhas restricións duras e necesarias, a economía galega é das menos afectadas pola COVID-19
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia da xestión do dominio público marítimo terrestre
Santiago, 2 de marzo de 2021.- O Grupo Popular demandará ao Goberno de España no Pleno da vindeira semana o traspaso a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo terrestre. Así mesmo, solicitará á Xunta a elaboración do III Programa de Muller e Ciencia, unha vez avaliado a segunda edición desta iniciativa entre os anos 2016 e 2020.
Balseiro salienta que a Xunta xa mobilizou máis de 77 millóns de euros en axudas directas ao sector marítimo-pesqueiro para compensar os efectos da pandemia
Santiago, 2 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro asegurou hoxe no Parlamento que a Xunta “xa puxo a disposición dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro unha inxección de máis de 77 millóns de euros en apoios exclusivos e directos para compensar os efectos da pandemia”.
Iniciativa sobre a conexión do polígono industrial de Balaídos e de Vigo á rede eléctrica de 220 quilovoltios
Inicaitiva sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a conexión do polígono industrial de Balaídos e de Vigo á rede eléctrica de 220 quilovoltios.
Iniciativa sobre a apertura ao tráfico do túnel do Folgoso, da autovía das Rías Baixas A-52 sentido Ourense
Iniciativa obre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a apertura ao tráfico do túnel do Folgoso, da autovía das Rías Baixas, ou A-52, en sentido Ourense
Pedro Puy pide “responsabilidade” para cumprir as normas da desescalada e “non haxa que volver atrás nas decisións adoptadas”
Santiago, 1 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de todos os galegos para cumprir as normas de comportamento neste momento de desescalada e “non haxa que volver atrás nas decisións que se están adoptando para volver paulatinamente á normalidade”. Así mesmo, respecto do aniversario da primeira vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas eleccións galegas, manifestou que “en conxunto as cousas de fixeron razoablemente e así o avaliou en tres ocasións máis o pobo galego”, salientando as transformacións realizadas no tecido produtivo e social galego, así como o reforzamento dos servizos sanitarios e sociais.
Iniciativa sober a demanda para cubrir o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia
Iniciativa sobre a demanda á Xunta de Galicia para solicitar ao Goberno de España que cubra o cen por cento das prazas de profesionais sanitarios de Sanidade Marítima en Galicia
Tellado: “Conseguimos torcer o brazo do PSOE en Galicia, agora só depende de Pedro Sánchez que se constrúa un buque ponte en Ferrol”
O Parlamento aprobou esta semana por unanimidade unha iniciativa para demandar ao Goberno a construción dun buque ponte en Navantia Ferrol