O Grupo Popular defende o traspaso a Galicia dos servizos meteorolóxicos para que sexan oficiais os avisos e alertas de Meteogalicia

Santiago, 22 de xuño de 2021.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que “a Xunta quere a transferencia dos servizos meteorolóxicos, pero empezando pola transferencia das facultades concretas vinculadas coas competencias autonómicas para que teñan oficialidade os avisos e alertas que emita Meteogalicia”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular rexistra a súa proposta de distribución dos 115 millóns do Fondo de Consenso á Comisión de Reactivación

Santiago, 21 de xuño de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar a súa emenda ao ditame da Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, na que se incorpora unha introdución ao texto da ponencia parlamentaria (que se corresponde coa proposta feita polo Grupo Popular) e a proposta de distribución dos 115 millóns de euros do Fondo de Consenso habilitado pola Xunta de Galicia nos seus orzamentos para 2021, tras un proceso de diálogo cos grupos da oposición e que inclúe algunhas das suxerencias por eles realizadas.

Seguir leyendo

Puy demanda que no último trámite no Congreso se recoñeza o Dereito Civil de Galicia e non se considere fraude os pactos sucesorios galegos

Santiago, 21 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe no Parlamento galego que as emendas presentadas polo PSOE ao proxecto de Lei antifraude “veñen darnos a razón sobre que esta norma vulnera o Dereito Civil e a autonomía financeira de Galicia”, pero considerou insuficiente que se acoute a cinco anos a consideración de fraude para quen venda un bens procedentes dun pacto sucesorio e demandou que “no último trámite no Congreso se acepten definitivamente as emendas do Grupo Popular e non se considere fraude cando un galego exerce os seus dereitos cumprindo a lei vixente”.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno central o arranxo integral e urxente das súas estradas, especialmente da A-55 ao seu paso por Mos e Porriño

Santiago, 18 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central o arranxo integral e urxente das estradas da súa competencia en Galicia, e concretamente da autovía A-55 ao seu paso por Mos e Porriño, incluíndo os carrís de incorporación e as vías de servicio paralelas.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda ao Goberno central a mellora integral e urxente da N-634 entre Abadín e Mondoñedo

Santiago, 18 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se require ao Goberno central que acometa a mellora integral e urxente da estrada N-634, no treito entre o Alto de A Xesta en Abadín e Mondoñedo, que serve como itinerario alternativo á autovía do Cantábrico cando se producen peches de circulación polos intensos bancos de névoa.

Seguir leyendo