O Grupo Popular critica que as decisións do Goberno central en materia de comunicacións “fan retrotraernos a tempos pasados de illamento de Galicia coa meseta”

Santiago, 11 de xullo de 2022.- O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, afirmou hoxe que “as decisións e a preocupante falta de xestión por parte do Goberno central en materia de comunicacións, tanto na perda de paradas e servizos no transporte público por estrada, como a busca dunha solución á caída do viaduto na A-6 ou a non chegada dos trens AVRIL, fan retrotraernos a outros tempos pasados de illamento de Galicia coa meseta”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego insiste na demanda ao Goberno central para conectar Vigo á rede de moi alta tensión e construír a subestación de Balaídos

Santiago, 8 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia insistiu hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular aprobada por unanimidade, na demanda ao Goberno de España para que rectifique e inclúa na planificación da Rede Eléctrica de España para 2021-2026 a conexión de Vigo á rede de moi alta tensión e constrúa unha nova subestación no polígono de Balaídos, que permita atender as necesidades de subministración da industria, sobre todo da factoría de Stellantis.

Seguir leyendo