Aprobada a Lei de mellora do ciclo integral da auga, que avanza nunha correcta explotación e ofrece apoio aos concellos que o soliciten

Santiago, 28 de xuño de 2022.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe a nova Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, co obxectivo de avanzar nunha correcta explotación das infraestruturas e ofrecer apoio aos concellos que así o soliciten, baixo o principio de coordinación das administracións establecendo instrumentos de cooperación, corresponsabilidade, cofinanciamento e solidariedade interterritorial.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que Galicia reducira no último ano un 28% o tempo de espera para a valoración da dependencia

Santiago, 28 de xuño de 2022.- A deputada do Grupo Popular Rosalía López salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta destinará este ano “a cifra récord de 430 millóns de euros para a atención á dependencia” e apuntou que no último ano reduciuse un 28 por cento o tempo que unha persoa agarda por unha valoración da súa situación de dependencia.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que as condicións establecidas polo Goberno central para o bono alugueiro de menores de 35 anos deixarán fora a beneficiarios que cumpran os requisitos

Santiago, 22 de xuño de 2022.- O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, criticou hoxe no Parlamento galego que as condicións establecidas polo Goberno central para acceder ao bono alugueiro para menores de 35 anos “impedirán acceder ao mesmo a persoas que cumpran os requisitos pero que estean compartindo vivenda con outras que non o fan, aínda que cada unha faga fronte ao pago da parte que lle corresponde do alugueiro”.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda promover a formación dos corpos e forzas de seguridade en materia de xogo

Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover, a través da Academia Galega de Seguridade, cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Unidade de Policía Adscrita) para facilitarlles as tarefas de inspección e control dos establecementos de xogo e das máquinas e aparellos de xogo aos efectos de comprobar o debido cumprimento da normativa existente.

Seguir leyendo

O Parlamento pide ao Goberno central que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo para abastecer a Vigo e o sur de Pontevedra

Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo ao río Oitavén, por estar acreditada como unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.

Seguir leyendo