Ante a última comparecencia pública de José Tomé para anunciar a súa dimisión como presidente da Deputación de Lugo e a súa decisión de manterse como deputado non adscrito e alcalde de Monforte de Lemos tamén como non adscrito, dende o PP da provincia de Lugo:
1.- Insisten en trasladar o seu máximo apoio a tódalas mulleres e, particularmente, ás presuntas vítimas que o teñen denunciado por acoso sexual a través das canles internas do PSOE como daba a coñecer o programa ‘Código 10’ da cadea de televisión Cuatro.
2.- Subliñan que José Tomé e o PSdeG seguen sen dar explicacións sobre o acontecido, nin aclarar o contido das denuncias presentadas polas presuntas vítimas.
3.- Manifestan o seu respecto á presunción de inocencia e inciden en trasladar a súa condena ante este tipo de condutas graves que merecen o seu profundo rexeitamento.
4.- Esixen, por responsabilidade e coherencia, a dimisión de José Tomé como deputado provincial e como alcalde de Monforte de Lemos.
5.- Esixen aos máximos responsables do PSOE a nivel autonómico e provincial aclarar se eran ou non coñecedores dalgunha das denuncias presentadas polas canles internas e, en caso afirmativo, adoptar medidas urxentes ante a súa propia inacción.
Lugo, 10 de decembro de 2025