Skip to content

O PPdeG defende Galicia como unha terra aberta aos investimentos e aos visitantes fronte á imposición e a parálise que promove a esquerda

O PPdeG reiterou hoxe o seu compromiso de seguir defendendo Galicia como “unha terra aberta a quen queira investir aquí e a quen nos queira visitar” en contraposición a unha esquerda á que acusa de pretender bloquear a prosperidade da nosa comunidade.

Fíxoo a través da súa secretaria xeral, Paula Prado, que compareceu ante os medios nunha rolda de prensa na que deixou claro que o que Galicia “non precisa de inimigos que a paralicen”, senón gobernos que, como o que preside Alfonso Rueda, aposten por “unha Galicia innovadora, referente e que desenvolva todo o seu potencial como comunidade autónoma punteira na industria e na empresa”.

A este respecto celebrou a aposta de Stellantis pola súa planta de Vigo a través da nova plataforma de coches eléctricos anunciada onte. Con decisións como esta, valorou, contribúese á consolidación de Galicia como “terra de oportunidades, emprego e riqueza”.

“Aquí, sempre que se cumpra coa normativa, a industria atopará a estabilidade que necesita e o apoio das administracións”, subliñou contrapoñendo a aposta polo futuro do seu partido fronte a un BNG que “abandeira o ‘non’ a todo” e fronte a un Goberno de Sánchez que “segue bloqueando a concesión de fondos europeos e sen tomar unha decisión respecto aos miles de millóns que seguen sen mobilizarse”.

Reivindicou así eses fondos europeos que corresponden a Galicia e recordou que “o Goberno galego está cumprindo” e que, a data de 31 de decembro, os fondos europeos do Plan de Recuperación adxudicados ascendían a 1.223 millóns de euros, o que representa o 90% dos importes publicados.

Aproveitando a celebración de Fitur nestes días, tamén destacou a hospitalidade como “un dos principais valores dos galegos” e puxo en valor que “o turismo galego é un turismo sostible que ademais xera riqueza e emprego”, argumentou sinalando que este sector representa o 13% do PIB e dá traballo a preto de 130.000 persoas.

De aí precisamente a importancia de que “Galicia siga sendo unha comunidade de portas abertas e na que todo o mundo é benvido”. Nesta liña apuntou que “ao redor do 90% dos galegos valoran o turismo de forma positiva ou moi positiva” para, acto seguido, criticar a “esas pequenas minorías que queren impoñer a ideoloxía sobre as ideas e queren impoñer o ‘non’ aos turistas, ao Xacobeo, ao emprego e á riqueza”.

ACTO DE VIVENDA NA CORUÑA

A secretaria xeral do PPdeG anunciou tamén que este próximo sábado o partido celebrará na cidade da Coruña un acto que, baixo o lema Vivenda, Mocidade, Galicia, abordará cuestións clave para o futuro da nosa comunidade.

O evento será clausurado polo presidente Alfonso Rueda e contará coa participación dos eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, así como de representantes do partido que están traballando día a día nestas cuestións.

“Será unha oportunidade para debater e para escoitar todo o que está facendo Galicia tanto pola vivenda como pola nosa mocidade, con novas medidas e infraestruturas”, concluíu Paula Prado.

Noticias recomendadas

O PPdeG sitúa a sanidade pública de Ourense como exemplo de éxito das políticas para facer fronte ao envellecemento e á dispersión poboacional en Galicia
O PPdeG reivindica Ourense como “o mellor exemplo das políticas sanitarias que está a impulsar o Partido Popular” no seu obxectivo de “acadar unha sanidade moderna, accesible e inclusiva que
O Grupo Popular insistirá no Pleno na solicitude ao Goberno central para que cumpra a Lei de dependencia e salde a débeda de máis de 2.500 millóns de euros con Galicia
O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na solicitude ao Goberno de España para que cumpra a Lei de dependencia e salde a débeda de máis de 2.500
O PPdeG denuncia que Pedro Sánchez “prima as prioridades do independentismo catalán fronte á necesaria transferencia da AP-9 a Galicia”
Os deputados do Partido Popular de Galicia no Congreso acusan a Pedro Sánchez de “estar máis preocupado por aferrarse á cadeira da Moncloa a costa de ceder ante o independentismo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies