13, maio, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo que nas Eleccións Municipais elíxense dous modelos de xestión: un goberno multipartito ou un goberno que goberne. Por iso, avogou por “votar de forma conxunta” e directamente aos candidatos do PPdeG, para así ter alcaldes e alcaldesas que xestionen mellor os concellos e cos que os veciños se sintan máis identificados.
Avogou por non desperdiciar as Eleccións Municipais e unir o voto moderado no Partido Popular para evitar que moitos veciños teñan un alcalde que non queiran, como aconteceu nas Xerais que, tras dividir o voto do centro e da dereita en tres partidos, hoxe millóns de españois teñen un presidente do Goberno con tan só acadou o 28% dos votos.
Por iso, indicou que aqueles que non queiran que os candidatos do PSOE, das Mareas de Podemos e nacionalistas sexan alcaldes “voten á única alternativa dun goberno unido”, para ter así alcaldes e alcaldesas fortes, con equipos sólidos e políticas útiles para os veciños. Neste mesmo senso, Feijóo avogou por, en lugar de votar a diferentes partidos e restar concelleiros e posibilidades, xuntar as forzas e votar ao PP.
Do mesmo xeito, recalcou a importancia de votar unidos nas Eleccións Europeas, xa que é onde se deciden asuntos de interese para Galicia e España, como son as políticas relativas ao sector primario.
DALIA GARCÍA, ESFORZO E DEDICACIÓN A MELIDE
Durante una mitin en Melide, o presidente dos populares galegos destacou o traballo que Dalia García Couso demostra como alcaldesa. Así, sinalou que Melide avanzou nos últimos anos con mellores servizos públicos, como o centro de saúde, a escola infantil, as obras de saneamento e os investimentos no sector industrial e agrario.
Referiuse ao obstáculo que supón o Goberno socialista na autovía Santiago-Lugo. E é que, tal e como sinalou, non é de recibo que estean parados os tramos cando o Goberno de Mariano Rajoy deixounos licitados: “Dez meses de Goberno de Pedro Sánchez e a autovía non avanza”.