16, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,dixo que “o que nos piden as mulleres é que nos deixemos de pancartas e que melloremos as súas posibilidades de ter un emprego”. Por iso, pediu o voto “para as mulleres libres que votan a quen lles peta”, para o respecto, e para acabar co supremacismo ideolóxico dunha esquerda que tenta falar en nome de todas as mulleres, porque, tal e como incidiu,non necesitan estar tuteladas por políticos, senón que queren igualdade real sen condescendencia enon ser discriminadas.
Para Feijóo, escoitar o relato en primeira persoa e realista de mulleres traballadoras e emprendedoras, como as que participaron esta mañá nun encontro en Moaña, é o máis importante para afrontar a tarefa da igualdade con acerto no día a día: “Lograr que as mulleres teñades exactamente as mesmas oportunidades que os homes e para que a igual traballo igual salario, merece a pena seguir traballando”.
A IGUALDADE REAL, RESPONSABILIDADE DE TODOS
Tal e como apuntou Feijóo, para algúns partidosrecoñecer o moito que se ten avanzando é conformismo; e, para outros, defender máis igualdade da que hai hoxe é caer na esaxeración ou no postureo. Por iso, salientou que é responsabilidade de todos, incluídas as formacións políticas, acadar que as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes.
Feijóoremarcou que a política que se basea na mentira, na frivolidade ou no crerse superior aos demais non axuda nada a acadar a igualdade real e efectiva. Neste senso, o líder do PPdeG amosouse en contra de aqueles que empregan a igualdade para arremeter contra un rival político. Un xeito de facer política, recalcou, que non representa ao PPdeG, que o que quere non é apropiarse da igualdade, senón comprometerse a seguir traballando entre todos pola igualdade.
Feijóo sostivo que a maioría da xente nin son “snobs do feminismo” nin se senten representados por políticos rancios, que negan a necesidade de seguir avanzando na igualdade real. “Non creo que axude en exceso chamarlle ‘portavozas’ ás mulleres, nin que o segredo da igualdade radique en non contar o conto de Carapuchiña Vermella” nin tampouco, tal e como advertiu,que se cuestionen as dificultades que seguen a ter a día de hoxe as mulleres.Neste punto, avogou por políticas útiles e pola toma de medidas concretas, como está apostando o Goberno galego. Así, mencionou a instalación de cambiadores de bebés nos baños masculinos, aintrodución dunha materia de igualdade na Educación pública, a ampliaciónas baixas por maternidade e paternidade, a aprobación do teletraballo ou o incrementodas prazas públicas en escolas infantís.