27, novembro, 2018. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, pediu esta tarde ao PP de Ferrol ser un punto de encontro nesta cidade, ao tempo que reivindicaba que a maioría absoluta é o reto e o “ambicioso obxectivo” de José Manuel Rey.
Así se expresaba na súa intervención no Comité Executivo dos populares ferroláns, onde subliñaba a importancia de ser ambiciosos pola cidade, algo que Rey ten demostrado antepoñendo esta urbe a calquera outra cousa, sendo consciente de que o que máis importa aos cidadáns é que Ferrol volva ter goberno y ser gobernable.
A seis meses das vindeiras Eleccións Municipais, Feijóo indicou que o partido xa está en marcha posto que os comicios non se gañan nunha campaña senón ao longo de catro años. “O que non se fixo durante tres anos e medio pódese, como moito, maquillar en seis meses pero a ausencia de traballo durante ese tempo xa non se pode remediar”, dixo explicando que por iso é normal notar tanto nerviosismo nos adversarios políticos do PP.
Pola contra, destacou a confianza que se percibe entre os populares, que levan tres anos e medio traballando, continúan facéndoo cada día e teñen traballo planificado para o próximos seis meses. Nese senso, o líder do PPdeG animounos a continuar facendo ese labor coa mesma intensidade e a mesma ilusión.
“Anímovos a que sigades estando na rúa, en contacto cos veciños; a que sigades traballando en equipo; a que este partido siga sendo algo máis que un partido máis nesta cidade e que este sexa o punto de encontro de todos os ferroláns que queren a Ferrol”, insistiu o presidente.
Por todo isto, Feijóo pediu culminar nestes seis meses a traxectoria dos últimos anos, incidindo en que o 26 de maio non é un final senón un novo comezo necesario para o municipio. “En ningún lugar está escrito que Ferrol estea condenado á inestabilidade e a parálise e o futuro -diferente- pódeno escribir os ferroláns nas urnas”, manifestou.
ILUSIÓN, GANAS E PROXECTO
Así mesmo, Alberto Núñez Feijóo tamén salientou a ilusión e as ganas dos populares de Ferrol sen esquecer o proxecto que propoñen para a cidade, xa que é o que esta urbe precisa e nestes momentos carece dun, como acreditou o actual goberno en todo este tempo.
Segundo admitiu, o Partido Popular de Ferrol posúe un proxecto baseado en crer nas posibilidades da cidade, en saber distinguir as prioridades, en escoitar aos veciños, en ter un equipo cohesionado para levalo a cabo e nunha xestión acreditada como a do candidato, José Manuel Rey.