Skip to content

Feijóo pide non deixar nin á sorte, nin a pactos e nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu non deixar á sorte nin a pactos nin a carambolas o que se pode resolver nas urnas indo a votar o próximo 12 de xullo. “Galicia merece un resultado que saia directamente das urnas e non nos despachos dos partidos que perden as eleccións”, salientou.

 

Durante un mitin na Rúa, aproveitou para incidir en que, tras tomarse todas as medidas, poderase votar con total tranquilidade e normalidade; e afeou aos que pretender meter medo ou desanimar a facelo. Así, animou a acudir ás urnas, para que deste xeito “ninguén decida por vós”.

 

UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA

Nun momento de división entre partidos, de inquedanzas e no que se busca o enfrontamento, o líder dos populares galegos propuxo unión, confianza, xestión e certezas. E sinalou que o entendemento é a materia prima para construír futuro e solucionar os problemas do presente.

 

Así, tras pedir unha participación masiva para elixir o mellor para Galicia entre as dúas opcións posibles, dixo que, o vindeiro 12 de xullo, os galegos están chamados a escoller entre un multipartito ou un goberno, entre a inestabilidade ou a estabilidade, entre experimentos ou a experiencia ou entre ir á contra ou unirnos todos.

 

O EMPREGO E A PANDEMIA, AS PRIORIDADES DO PPDEG

O líder do PPdeG fixo fincapé na necesidade de ofrecer certezas, ante a pandemia e ante as dificultades sociais e económicas derivadas dela: “O emprego e a xestión da pandemia serán a nosa prioridade”. É e que, tal e como subliñou, todos os galegos que están preocupados polo Covid-19, polo seu futuro e que queren unha política útil e ao seu servizo, terán no PPdeG un partido con proxecto e programa.

 

O líder do PPdeG aproveitou para poñer a resposta de Galicia fronte ao virus: con sentimento e sentidiño, con cabeza e corazón. Unha ferramenta, dixo, que utilizará para superar as dificultades económicas e sociais.

 

UNHA CAMPAÑA DE PROPOSTAS

Feijóo, que salientou que non ten máis prioridade que Galicia, garantiu 15 días de programa e de propostas para que Galicia conte con catro anos de xestión. Así, garantiu que, nesta campaña, non perderá nin un segundo en buscar a confrontación, xa que o seu compromiso é investir todo o tempo en presentar propostas.

 

Incidiu en que non quere unha Galicia dividida en partidos, senón unha Galicia que siga traballando conxuntamente; e que quere ser o presidente dun pobo que se mantén unido para alcanzar o futuro. Porque, tal e como remarcou, o seu obxectivo é que toda Galicia saia gañando. Para iso, garantiu esforzo, compromiso, dedicación, proxecto e programa.

 

GALICIA, PREPARADA PARA ENCARAR O FUTURO

Así mesmo, amosouse convencido de que Galicia será capaz de encarar o futuro con máis oportunidades. Para iso, farao apostando por un ensino máis completo e competitivo, apoiando ás familias e aos maiores, reforzando as políticas de innovación, respectando o medio ambiente, potenciando o medio rural e o mar, integrando o urbano e o rural, confiando nos mozos.  

 

Para rematar, destacou o seu compromiso con A Rúa e a comarca. Así, garantiu a construción do centro de saúde e o acondicionamento do colexio Manuel Respino.

 

Noticias recomendadas

Paula Prado: “Para Óscar Puente o traspaso da AP-9 é tremendamente difícil porque a súa vontade política para facelo é tremendamente baixa”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou hoxe que o ministro Óscar Puente siga opoñéndose ao traspaso e á gratuidade da AP-9 escusándose en que é “tremendamente difícil” cando
Alfonso Rueda pon en valor en Ourense a importancia de contar cun Goberno capaz de aprobar e presentar os seus orzamentos en tempo e forma
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, resaltou hoxe a importancia de seguir ofrecendo estabilidade, rigor e xestión á cidadanía a través duns orzamentos que o Goberno galego
O PPdeG pide ao presidente da Fegamp que “deixe de falar en nome de todos os concellos” e non converta o ente nunha “plataforma de ataque político”
O voceiro popular e alcalde de Poio, Ángel Moldes, deixa claro que desde o partido apoian a proposta, e non comparten o rexeitamento de PSOE e BNG, de que o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies