A mensaxe agradece aos que axudaron e axudan a facer da Comunidade ese gran lugar familiar e acolledor que desfrutarán os galegos do futuro
O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, presenta o vídeo de Nadal do PPdeG no que a Galicia de hoxe dá a benvida á Galicia do mañá.
Ni los momentos más duros pueden arrebatarnos el orgullo por esa Galicia que construimos los gallegos de hoy para los gallegos del mañana.
A los que acabáis de llegar, a los que estáis y a los que ya se fueron. A esa gran familia que es Galicia, Feliz Navidad y próspero año 2022 pic.twitter.com/Ap8xK9ADDa
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) December 21, 2021
Esta peza audiovisual coa que o partido felicita as Festas é un recoñecemento a unha Comunidade que está deixando unha sociedade mellor, unha mensaxe en nome dos galegos que axudaron e axudan a eses outros galegos que chegan e que están por chegar.
Cómpre sinalar que se trata dun vídeo de dous minutos e catorce segundos nos que o presidente só aparece durante catro segundos, pois a formación quere dar nestas datas o protagonismo aos cidadáns que traballan por esa Galicia familiar e acolledora que deixarán aos galegos do futuro.
Nese senso, ponse en valor o cambio que experimentou a nosa Autonomía nas últimas décadas ata ser o que é hoxe en día: unha terra máis igualitaria, máis sustentable, máis avanzada e máis dixital, que ofrece cada vez máis oportunidades aos seus habitantes.
Deste modo, agradécese a todos aqueles que contribuíron a crear un gran lugar onde agora se nace en hospitais modernos, onde se axuda economicamente aos novos pais e nais, onde os nenos poden acceder ás escolas infantís de forma gratuíta e onde se sae do colexio falando castelán, galego e inglés.
Por este motivo, o líder do PPdeG diríxese no vídeo aos “recentemente nacidos” ao tempo que fai partícipes dos progresos da Comunidade aos “galegos que estades”, sen esquecer tampouco o labor realizado por “aqueles que xa se foron”.
A felicitación xa está publicada na conta de Twitter de Alberto Núñez Feijóo.