A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. Así se expresaba na Xunta Directiva do PP de A Coruña, onde tamén estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo.Durante a súa intervención, o dirixente afirmou que os populares buscan máis que os demais partidos en Galicia e mais do que calquera outra forza acadou no resto de España. “Buscamos unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo singular e continúe sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de sentido común, solidariedade, avance e interese xeral”, insistiu.
Segundo precisou, para conseguila teñen que esforzarse para que os galegos se sintan parte de todo isto porque sen eles o acadado tería sido imposible e tamén é con eles “como acadaremos o que aínda temos que acadar, podemos acadar e imos acadar”.“Este partido non só ten que ser mellor que os demais partidos senón ser máis que un simple partido”, indicaba explicando que deben ser un proxecto que vai máis aló do partidismo e un punto de encontro entre galegos de diferentes pensamentos e xeracións.
“Hoxe estou aquí, cos membros do meu partido, para pedirvos que vos unades ao que propoño e que busquemos máis aló das portas do noso partido, que máis galegos se unan a nós”, aseverou o líder do PPdeG.
Na mesma liña, Feijóo fixo fincapé en que só hai unha forza en Galicia capacitada para estar “ao que ten que estar”, en condicións de ofrecer ese proxecto aos galegos, e que pode garantir a estabilidade que precisa o país sen perder un minuto: o Partido Popular de Galicia. Por iso, dixo que o obxectivo dos populares é defender os intereses xerais de Galicia e os de moitos galegos que, por enriba de partidismos, non queren líos senón solucións, avances e un proxecto que os beneficie.BUSCAR QUE GALICIA GAÑE SEMPRESegundo indicou Feijóo, a vitoria que busca é que Galicia poida gañar sempre, mentres ao resto de partidos o único que lles motiva é ver se ao líder popular non lle saen as contas aínda que gañe e non se dan conta de que a comunidade precisa dunha motivación maior. “Eu lles diría que menos embigo, menos Feijóo e máis Galicia”, engadiu.Así mesmo, insistiu en que o de menos é gañar ás Mareas de Podemos –xuntas ou separadas-, ao PSOE –un bando ou outro-, ao que queda do BNG ou a partidos improvisados, senón que “o de máis é poder conseguir que Galicia saia gañando”. Ademais, apuntou que as grandes vitorias non se teñen que limitar a unha vez cada catro anos senón que teñen que ser as pequenas vitorias cotidianas en cada fogar: para que as familias galegas poidan ter emprego e chegar a fin de mes con menos dificultades, así como disfrutar dun maior benestar con máis sanidade e educación públicas e máis servizos sociais.Tamén destacou a importacia de que a vitoria sexa que as nais e pais sintan que teñen a un goberno ao seu carón no coidado dos seus fillos, e que estes teñan un futuro máis despexado con máis oportunidades para poder dicirlle algún día aos máis novos que foron parte activa de que teñamos un mellor país porque contamos con eles.“E para acadar esas vitorias e máis vitorias como esas non vale para nada outra cousa que non sexa a unidade, a estabilidade, o respecto á pluralidade e a busca do ben común”, dixo insistindo en que por iso é polo que quere seguir presidindo a nosa comunidade.
“Son militante de Galicia”, admitía Feijóo recoñecendo que así se sinte tras servir á comunidade 8 anos e que así irá ás eleccións autonómicas, uns comicios “que se celebran para que gañen todos os galegos que son convocados ás urnas”.ESPAÑA COMO GALICIANo seu discurso, o dirixente tamén manifestou que Galicia non pode esperar por que cambie a irresponsabilidade coa que sumamos sete meses de inestabilidade en España nin imitar o que ten acontecido.Para o presidente, a nosa comunidade debe seguir sendo a mesma e ten agora a oportunidade de continuar sendo excepcional, feito polo que fixo fincapé en que é España a que debe parecerse a Galicia e non ao revés.