Santiago, 8 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón avogou hoxe pola “prudencia e que sexa a propiedade das pías bautismais medievais pertencentes á igrexa de San Xián de Moraime a que decida os pasos que quere dar con respecto a reclamar aos herdeiros da familia Franco a súa devolución”.
María Antón lembrou que a propiedade destas pías bautismais “é da parroquia de Moraime e da diocese de Santiago de Compostela”.
EXPEDIENTE PECHADO POLO BIPARTITO
Ademais, sinalou que, “no momento en que a igrexa e edificios do antigo mosteiro de San Xián de Moraime foi declarado conxunto histórico en 1972, estas pías xa non estaban alí, polo que non se pode dicir que se trata de bens de interese cultural, ao tempo que anteriormente tampouco estaban incluídas en ningún catálogo ou inventario de bens mobles protexidos polo seu valor cultural”.
A deputada popular recordou que a Consellería de Cultura do Goberno bipartito na Xunta xa abriu un expediente no ano 2017 sobre a solicitude de recuperación destas dúas pías bautismais. “Este expediente ten data de apertura do 17 de outubro e menos dun mes despois foi pechado, en concreto o 2 de novembro, dando traslado da documentación ao delegado diocesano”, indicou.