Santiago, 23 de febreiro de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego bloqueou a aprobación dunha declaración institucional no Parlamento contra á violencia e, de forma explícita, contra os acontecementos dos últimos días en moitas cidades de España derivadas da prisión de Pablo Hasél, condenado por delitos moi graves.
O Grupo Parlamentario Popular remitiu esta proposta -cuxo texto tamén incluía unha defensa expresa ao traballo efectuado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado- ao resto de grupos da Cámara galega para a súa aprobación e lectura no Pleno.
Así, mentres o PSdeG si amosou a súa disposición a impulsar unha declaración neste sentido, o Bloque volve demostrar condescendencia cos actos vandálicos e cos graves incidentes que tiveron lugar as últimas noites en diferentes puntos do país en xeral e de Galicia en particular.
Os populares lamentan que as alianzas do BNG con Bildu e ERC comecen a ter tradución en decisións políticas como esta. Deste modo, os nacionalistas galegos demostran que, ademais de compartir actos con delincuentes condenados como Arnaldo Otegi ou Oriol Junqueras, tamén comparten ideario político e xustifican as manifestacións violentas como resposta ante as decisións xudiciais.