Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, afirmou esta tarde no Parlamento que o servizo de orientación que se presta no colexio de Escarabote no Concello de Boiro está axustado conforme ao que establece a normativa en función da situación actual do centro de ensino. “No caso de que nun futuro houbese un incremento de matrícula, será a propia inspección educativa a que demande máis persoal para este servizo”, sinalou.
César Fernández explicou que o servizo de orientación depende exclusivamente do número de unidades no centro de ensino, do número de alumnos en xeral e do número de alumnos que precisan deste servizo específico. Deste xeito, “considerou normal e ordinaria” a situación do servizo de orientación en Escarabote e adaptada á lexislación vixente tanto estatal como autonómica.
Así mesmo, o portavoz popular indicou que “en ningún lugar aparece establecido un horario determinado en cada centro cando o departamento de orientación é compartido entre varios colexios, xa que as necesidades dependen totalmente do alumnado de cada centro e das necesidades de forma individual”.