Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe á oposición tratar o problema das urxencias sanitarias por mor dos picos da gripe “con seriedade”. “O problema non se soluciona como piden os socialistas esixindo informes aos xerentes dos hospitais, nin botando a culpa aos equipos directivos ou aos profesionais, porque este problema xa ven desde hai moito tempo, cando non había crises nin recortes e eran anos de bonanza e investimentos”, apuntou.
Rodríguez-Vispo recoñeceu que “non negamos o problema” que existe con este incremento dos casos de gripe que acoden ás urxencias médicas hospitalarias, pero sinalou que “non se trata dun asunto exclusivo de Galicia nin das políticas da Xunta”.
PREVISIÓNS
Así, explicou que “o incremento da demanda asistencial ou un aumento da necesidade de ingreso hospitalario motivado por un pico de gripe xa está previsto polo Servizo Galego de Saúde, dado que se produce de maneira sistemática cada ano”. Deste xeito, os directivos e os profesionais teñen previstas as actuacións a seguir utilizando todos os recursos dispoñibles na hospitalización: se habilitan novos espazos para a atención aos pacientes; se potencian medidas de prevención da infección; se abren ou reasignan camas de hospitalización, con reforzo das gardas da área médica hospitalaria; ou se reforzan os hospitais de día.
Para rematar, a deputada popular agradeceu “o traballo dos empregados públicos, tantas veces denostado, que como sempre e en momentos de dificultade son capaces de dar o mellor de si mesmos polos pacientes e pola organización”. “O seu obxectivo non é outro que atender con calidade a todos os pacientes e o único que buscan é a mellora da asistencia hospitalaria”, concretou.