Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que o Goberno galego “posicionouse claramente do lado dos consumidores e actuou desde o primeiro momento informando e formando” sobre o Real Decreto 1/2017, que facilita aos afectados polas cláusulas chan un procedemento extraxudicial para resolver e defender os seus intereses de forma sinxela, rápida e gratuíta, deixando sempre aberta a vía xudicial.
Jaime Castiñeira sinalou que o este real decreto “xa recolle todas as demandas que formula En Marea na súa proposición non de lei, como a devolución obrigatoria e que se inclúan os intereses devengados incluíndo, no seu caso, a exención de custas xudiciais”.
PROCEDEMENTO
O Real Decreto fixa un prazo máximo de un mes para que as entidades financeiras habiliten un sistema que sexa coñecido polos consumidores con cláusulas chan nos seus contratos. Unha vez feita a reclamación polo consumidor, a entidade deberá remitir o cálculo da cantidade a devolver, incluíndo os intereses, nun prazo máximo de tres meses.
A partir deste momento, o consumidor pode decidir se acepta este cálculo ou acude á vía xudicial.