22 de novembro de 2022. A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, acusou hoxe ao BNG de “facer o paripé na súa defensa do sector pesqueiro das artes de fondo porque se manteñen como socios en Bruxelas do grupo dos Verdes, ao que pertence o comisario europeo que vetou ás artes de fondo”. “Ese ecoloxismo radical é o que está en contra da pesca galega, en contra da nosa idiosincrasia”, apuntou.
Teresa Egerique incidiu no apoio do PPdeG ao recurso presentado polo Goberno de España ante “o veto a mala fe, sen escoitar a ninguén, por parte do comisario europeo do grupo dos Verdes”.
Porén, lamentou que “a Xunta tivera que ver o anuncio deste recurso nos medios de comunicación e non tivera comunicación oficial do Goberno central; e que tardase máis dun mes desde que se lle entregou, ao igual que ao sector, os argumentos que recompilou o Goberno galego para fundamentar o recurso”.
“Este é a mellor vía para afrontar este pleito ao ser o Estado un actor xurídico privilexiado, e existen grandes posibilidades de que este recurso prospere e que o Tribunal poida deixar sen efecto este regulamento de execución da Comisión Europea”, apuntou.