Santiago, 17 de setembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Gabriel Alén Castro manifestou hoxe no Parlamento que “Galicia ten a oportunidade de aproveitar esta crise sanitaria para mellorar o seu potencial turístico”. Neste sentido, defendeu que a Xunta amplíe o plan de reactivación do turismo, ao tempo que solicitou ao Goberno central que implemente canto antes os fondos que vén de activar Europa para que redunden en toda a cadea de valor da actividade turística galega.
Gabriel Alén salientou que “Galicia está a ser un dos destinos turísticos de España preferidos polos visitantes este ano, porque a nosa comunidade transmite confianza, seguridade e anticipación” na adopción de medidas contra a Covid-19.
UN DOS MELLORES DESTINOS TURÍSTICOS
Neste sentido, lembrou que o Goberno galego foi un dos primeiros en tomar medidas para a reactivación do sector turístico coa posta en marcha no mes de maio dun plan que incluía accións para situar a Galicia como destino turístico seguro; a reorientación do Xacobeo 2021, onde o Camiño de Santiago ten que converterse no mellor escaparate e o motor que relance a economía galega; o bono turístico Quedamos en Galicia; o plan de turismo interior Elixe Galicia; ou o plan de turismo de calidade e autosustentable.
?️Botamos en falta medidas máis estruturais do Goberno para que o sector turístico salga reforzado,como sí se o está a facer a @Xunta cun plan de reactivación consensuado con máis de 65 xuntanzas,250 axentes sociais baseado en ✅protocolo ✅adaptación e ✅formación @GabrielCenlle pic.twitter.com/u5buvdiMaA
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) September 17, 2020
“Este plan de reactivación conseguiu facer de Galicia un dos mellores destinos turísticos, asegurou o deputado popular, quen recoñeceu que “evidentemente todo plan debe ser sometido a unha avaliación continua e ten que ser mellorado segundo a evolución das circunstancias sanitarias e sociais”.
Porén, Gabriel Alén lamentou que o plan de reactivación do sector turístico aprobado polo Goberno central no mes de xullo foi “insuficiente e tardío, con medidas que non solucionan o problema real, porque o sector turístico precisa accións dinamizadoras como as que recolle o plan galego”.