Santiago, 9 de xullo de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe que o Servizo Galego de Saúde manterá habilitadas este verán o 88,3 por cento do total das camas existentes nos hospitais galegos, 13 puntos máis que a ocupación media que se rexistrou no período estival dos últimos anos.
Aurelio Núñez reiterou que “as camas non se pechan e se habilitan en cada centro sanitario en función das necesidades do momento, o que responde ás necesidades de planificación e eficiencia para adecuar os recursos ás necesidades”.
MENOS MORBILIDADE, VACACIÓNS EMANTEMENTO
Neste sentido, explicou que “non verán hai menos morbilidade por enfermidades crónicas, tamén hai unha parte importante do persoal de vacacións, ás que teñen dereito, e ademais se aproveita este tempo para facer reformas e mantemento das unidades de hospitalización”.
“Cada unha das xerencias das áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde establecen con meses de antelación a planificación estival na hospitalización, así como na xestión das vacacións do persoal para evitar prexuízos á atención á cidadanía, a pesar das dificultades para cubrir determinadas prazas, nomeadamente agora mesmo en atención primaria”, indicou.