Santiago, 17 de outubro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a tomar as medidas orzamentarias necesarias para que o centro de día público de Miño sexa unha realidade na maior brevidade.
A deputada Soraya Salorio lembrou que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar “xa remitiu ao Concello de Miño a proposta de convenio de xestión deste centro de día, polo que está á espera de que desde o Concello se responda a esta iniciativa”.
“A previsión do Consorcio é licitar a xestión deste centro de día antes de que remate o presente ano 2018, posibilitando a súa entrada en funcionamento nos primeiros meses de 2019”, sinalou Soraya Salorio. Ademais, amosou a súa esperanza en que “a Xunta teña en conta este proxecto nos orzamentos para 2019 que se darán a coñecer nesta semana”.