Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Pleno que desde o PPdeG “apoiamos inequivocamente a liberdade da muller e que elixan ou non ser nais”. Así mesmo, asegurou que en Galicia estase a cumprir a Lei de saúde sexual e reprodutiva, “como supoñemos que se fai no resto das comunidades autónomas, porque as leis están para cumprilas por todos os gobernos”.
Marta Rodríguez-Vispo manifestou que no PPdeG “somos plenamente conscientes de que na sociedade galega conviven múltiples sensibilidades que deben ser respectadas”, polo que incidiu que “nós apoiamos ás mulleres sempre en todo o que decidan sen facer excepcións”.
LIBRE ELECCIÓN
“Nos preocupa enormemente a atención que se lles da ás mulleres no caso de ter que someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo, porque sabemos que é unha situación que calquera muller evitaría se puidese e, por iso e por respecto á propia muller, non queremos xerar conflitos onde non os hai”, sinalou.
Así mesmo, a deputada popular salientou que “a muller pode elixir onde facer a interrupción”, tanto nun centro público como privado, “algo que nos parece moi importante para respectar a liberdade da muller”. “Nós somos democráticos e nos gusta ademais que os dereitos se exerzan individualmente, non por imposición”, anotou.