A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, subliñou hoxe o traballo de asesoramento e información que desenvolve a Xunta de Galicia sobre as tarifas eléctricas existentes, polo que avogou por “darlle contido ás entidades que temos creadas e non en xerar máis administración e burocracia” como pretende En Marea.
Marta Nóvoa sinalou que “o Instituto Galego de Consumo orienta, forma, informa, escoita e asesora, pero tamén inspecciona e sanciona” en materia de tarifas eléctricas. Así, destacou que o actual Goberno galego leva imposto sancións ás compañías eléctricas por importe de 34,5 millóns de euros, fronte aos 97.000 euros do anterior Goberno bipartito.
“O máis importante é defender os dereitos dos consumidores, porque os cidadáns galegos son o máis importante”, sinalou a portavoz de Enerxía.