Santiago, 22 de xuño de 2021.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego a “hipocrisía” do BNG, xa que “están en contra de calquera proxecto eólico que se queira instalar en Galicia, pero ao mesmo tempo tamén se opoñen a calquera iniciativa de enerxía renovable”.
?️O noso modelo é facer compatible a actividade económica e emprego coa protección do patrimonio natural e o medio ambiente,todos os proxectos eólicos se someten a avaliación ambiental rexida por unha lei estatal e se complementa e reforza coa normativa galega @MartaNovoaMarta pic.twitter.com/4h2fOzQOM1
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 22, 2021
“O noso modelo é facer compatible a actividade económica e o emprego coa protección do patrimonio natural e o medio ambiente, sempre ofrecendo as máximas garantías xurídicas, técnicas e ambientais”, indicou a portavoz popular. Neste sentido, reiterou que os proxectos eólicos “se someten a unha avaliación ambiental ordinaria, a máis garantista que existe en normativa ambiental”.
13 INFORMES DA XUNTA
Marta Nóvoa asegurou que “ningún proxecto sae sen os informes preceptivos favorables, incluídos os 13 que emite o propio Goberno da Xunta”. “Cada proxecto é analizado con rigor e a nosa máxima é velar entre a protección do medio ambiente e a actividade do sector primario no rural, coa consolidación da enerxía renovable, que é fundamental para diminuír a nosa dependencia de combustibles fósiles e que é crave para protexer o medio ambiente”, manifestou.
Para rematar, Nóvoa afirmou que “o noso modelo é moi diferente ao do BNG, porque cremos na empresa e no seu valor fundamental á hora de xerar emprego”. Deste xeito, apuntou que “permite que calquera promotor, con independencia do seu tamaño, poida desenvolver un parque eólico en Galicia, garantindo as medidas necesarias de protección medioambiental”.