7 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o BNG “pretenda que Galicia cree e financie un fondo de rescate hipotecario cando se trata dunha medida de competencia estatal”.
Neste sentido, lembrou que o deputado do BNG no Congreso “apoiou a aprobación do Real Decreto-Lei 19/2022, que alivia a suba de tipos de interese nos préstamos hipotecarios sobre a vivenda habitual aos debedores que están a pasar certas dificultades económicas”.
Sandra Vázquez considerou “curioso” que o BNG presente esta iniciativa no Parlamento de Galicia, “sendo plenamente conscientes de que estas axudas competen ao Goberno de España, e boa proba disto é o establecemento dun código de boas prácticas para aliviar a suba dos tipos de interese nos presamos hipotecarios sobre a vivenda habitual”.
“Con esta proposición non de lei pretenden que os galegos paguen o que lle corresponde resolver ao Goberno de Pedro Sánchez, prexudicando aos galegos que deberían asumir con recursos propios o que debe pagar a Administración central”, manifestou a deputada popular.