Santiago, 13 de abril de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou que o PSdeG rexeitara que o Pleno do Parlamento galego aprobara unha moción a través da que se rexeita con contundencia calquera forma de corrupción.
“Estamos diante dun novo capítulo sobre a superioridade moral da esquerda, que non está interesada na verdade senón en utilizar o Parlamento para investigar ao PP e desviar a atención dos seus escándalos de corrupción que a Xustiza acreditou nas últimas semanas”, sinalou.
“Os socialistas galegas nos piden que condenemos a corrupción, pero unicamente a do PP porque, evidentemente, distinguen entre corruptos de primeira, a dos demais; e corruptos de segunda, a do PSOE e dos seus socios”, sinalou o deputado popular.
SÓ HAI UN CAMPIÓN: O PSOE
Neste sentido, Pazos afirmou que “a súa proposta parte do convencemento profundo que teñen os socialistas de que os seus corruptos son menos corruptos, son de mellor condición e non teñen de que avergoñarse”. “Por causas abertas, número de imputados, diñeiro defraudado, ministros imputados ou condenados só hai un campión: o PSOE”, concretou.
“Os supostos documentos, informes, declaracións e probas de corrupción contra o PPdeG foron estudados por oito xuíces de instrución, a Audiencia Nacional, tres maxistrados, o Tribunal Supremo, innumerables fiscais e acusacións particulares, e incluso dúas comisións de investigación no Congreso”, lembrou Alberto Pazos, quen subliñou que “o resultado de todo iso foron cero requirimentos da Xustiza, cero citacións e cero imputados do PPdeG”
Por último, Pazos reiterou que “pedimos e pediremos desculpas polos erros cometidos, pero non consentiremos a execución na praza pública baseada na mentira e na dobre moral”.