Santiago, 22 de xuño de 2021.- A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, afirmou hoxe no Pleno do Parlamento que “a Xunta quere a transferencia dos servizos meteorolóxicos, pero empezando pola transferencia das facultades concretas vinculadas coas competencias autonómicas para que teñan oficialidade os avisos e alertas que emita Meteogalicia”.
?A política de traspasos xa hai anos que vai na procura dun autogoberno que ten como prioridade a mellor defensa dos intereses de Galicia, @DiazMouteira reitera o apoio do @ppdegalicia á transferencia do servizo de metereoloxía e por eso desde o ano 2000 existe Meteogalicia pic.twitter.com/ftv0GL8cVf
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 22, 2021
Neste sentido, subliñou que en materia de traspasos de competencias “Galicia ten nestes momentos outras prioridades: as transferencias da AP-9 e do dominio público marítimo terrestre”.
?️@DiazMouteira sobre a transferencia dos servizos meterorolóxicos: Galicia xa conta cun servizo como Meteogalicia con plena capacidade e só ten que ter validez xurídica das súas prediccións,e ten outras prioridades como transferencia da AP-9 oudominio público marítimo-terrestre pic.twitter.com/onTPcp51Es
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 22, 2021
Marisol Díaz considerou “necesario solicitar do Estado a transferencia á Comunidade galega das funcións correspondentes ao servizo meteorolóxico”. “Galicia conta hoxe cun servizo meteorolóxico propio, referente indispensable a nivel nacional como europeo gracias ao seu método de traballo e ao equipo de profesionais que o conforman”, manifestou a portavoz popular, pero lamentou que “os seus avisos non teñen validez oficial e os que se empregan para alertar de emerxencias meteorolóxicas ou para suspender clases escolares en caso de temporal son sempre os da AEMET”.
“O Grupo Popular sempre apoiou a transferencia do servizo de meteoroloxía e foi unha petición constante desde Galicia, polo que desde o ano 2000 existe Meteogalicia”, lembrou Díaz Mouteira. Neste sentido, explicou que “queremos a transferencia dos servizos meteorolóxicos en Galicia pero empezando polo traspaso das competencias meteorolóxicas para todos os servizos de competencia autonómica, entre eles o de emerxencias”.
CAPACIDADE TÉCNICA SUFICIENTE
En concreto, dixo que “a nosa postura pasa pola transferencia a Galicia das funcións no ámbito meteorolóxico necesarias para o axeitado exercicio das súas competencias estatutarias, con independencia das funcións que a Axencia Estatal de Meteoroloxía exerce para a predición a nivel do Estado”. Deste xeito, sinalou que “a nosa alternativa non supón unha transferencia en bloque, como pide o BNG, da competencia en materia meteorolóxica nin da infraestrutura da AEMET en Galicia, senón a transferencia de facultades concretas vinculadas coas competencias autonómicas”.
A día de hoxe, só hai tres comunidades autónomas que contan cun servizo de información meteorolóxica propio: Galicia, Cataluña e o País Vasco. “Os servizos ofrecidos e os resultados xerados por Meteogalicia poñen de manifesto que a Comunidade galega ten capacidade técnica suficiente para exercer as competencias en materia de meteoroloxía, con independencia de que a AEMET siga desenvolvendo as súas funcións como autoridade meteorolóxica do Estado a través dos centros territoriais”, rematou.