Santiago, 12 de novembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique avanzou hoxe a presentación no Parlamento galego dunha proposición non de lei solicitando á Xunta que inclúa nos seus orzamentos para 2021 a partida para executar a ampliación do IFEVI e pedindo ao Concello de Vigo axilidade na posta a disposición dos terreos para executar esta obra, “que permitiría aumentar a superficie para que se poida realizar con éxito unha das maiores feiras do noso país e así acadar un importante impacto na hostalería, restauración e comercio desta cidade e de Galicia enteira”.
Teresa Egerique salientou que “o interese e o compromiso da Xunta de Galicia, tanto co IFEVI como coa feira Conxemar, está fora de toda dúbida”. Neste sentido, explicou que, “no ámbito da tramitación da Lei 3 /2016, todos os informes que deben emitir os distintos departamentos da Xunta estaban na súa totalidade en tempo e houbo que esperar varios meses, concretamente ata o pasado 19 de outubro, para que o Estado remitira o derradeiro informe que faltaba”. Neste sentido, lembrou que “a Xunta xa solicitara por carta a finais de xaneiro a emisión dos seus respectivos informes sectoriais ao Goberno”.
“O compromiso da Xunta con Vigo e co IFEVI xa se demostrou en 2018 cando investiu preto de 4 millóns de euros na ampliación anterior desta feira de mostras e se está a demostrar agora, cun proxecto programado en 7 millóns de euros”, sinalou a deputada popular.
Porén, Egerique manifestou que “para avanzar na execución deste proxecto é indispensable que o Concello de Vigo colabore e axilice o máximo posible a posta a disposición dos terreos necesarios”. “Estamos a falar dunha colaboración institucional indispensable para que todos os vigueses poidamos gozar de grandes feiras e dun recinto