Skip to content

O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que cumpra o cofinanciamento da Lei de dependencia e que convoque a mesa de seguimento do colapso do viaduto da A-6

Santiago, 11 de outubro de 2022.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central cumpra o establecido na Lei de dependencia e cofinancie ao 50 por cento a súa aplicación.

Así mesmo, demándase que ofreza á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia toda a información dispoñible sobre as causas que motivaron o colapso do viaduto do Castro na A-6, ao tempo que activa de inmediato a mesa de seguimento comprometida polo Presidente do Goberno de España.

 

Ao remate da Xunta de Portavoces, Pedro Puy informou que a orde do día da sesión plenaria da vindeira semana inclúe a comparecencia do vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación para informar sobre a situación de Galicia respecto da asignación dos fondos europeos en materia industrial.

 

FRACASO TRAS FRACASO

 

Neste sentido, Puy lamentou que o reparto dos fondos europeos “acumulan fracaso tras fracaso porque os cartos non chegan aos obxectivos previstos, co que existe o risco de perder estes fondos europeos a pesar dos importantes proxectos cos que opta Galicia”. En concreto, citou a plataforma ideada por Stellantis para fabricar desde Vigo os novos modelos eléctricos do grupo a partir de 2026; a planta de ánodos de grafito para baterías prevista por Showa Denko na Coruña; ou a factoría de fibras téxtiles sostibles proxectada por Altri en Palas de Rei, así como a planta de hidróxeno verde que Reganosa e EDP Renovables proxectan nas Pontes, a fábrica de pneumáticos de Sentury Tire tamén na Coruña, ou a planta da farmacéutica Kern Pharma en Monforte.

 

O portavoz popular apuntou que a día de hoxe España só ten autorizados 18.000 dos 70.000 millóns de euros das transferencias asignadas pola Unión Europea no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. É dicir, tan só 1 de cada 4 euros, cando o 70 por cento dos fondos destinados a cada país deberían estar asignados ou comprometidos xuridicamente a finais deste ano e o 30 por cento restante ao remate de 2023.

 

DÉBEDA DE 2.000 MILLÓNS EN DEPENDENCIA

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará ao Goberno central o cumprimento do cofinanciamento do 50 por cento da Lei de dependencia, tendo especialmente en conta o desequilibrio acumulado desde a aprobación desta normativa en 2006. Así mesmo, pedirase que renuncie á imposición unilateral de novas medidas que supoñan o incremento de custes na prestación de servizos públicos de carácter social, en tanto non se alcancen os niveis de cofinanciamento previstos na Lei.

 

Pedro Puy concretou que a Xunta “está a afrontar o 70 por cento dos gastos en dependencia, fronte a un 30 por cento do Goberno central, cando a aportación debería ser equitativa”. “Este desequilibrio supón que o Goberno de España arrastra cos galegos unha débeda que supera os 2.000 millóns de euros, ao que se engade que o Goberno de Pedro Sánchez pretenda establecer criterios comúns en todo o ámbito nacional para a prestación de determinados servizos que suporían un considerable incremento das achegas realizadas pola Xunta”.

 

En segundo lugar, o Grupo Popular pedira ao Goberno central que ofreza, á maior brevidade, de xeito continuo e coa máxima transparencia, toda a información dispoñible sobre as causas que provocaron o colapso do viaduto do Castro na A-6, ao tempo que activa de inmediato a mesa de seguimento sobre as medidas que se veñen adoptando en relación co peche desta autovía de conexión de Galicia coa Meseta.

 

O portavoz popular lembrou o compromiso asumido polo Presidente do Goberno de España ante o Presidente da Xunta de activar esta mesa de seguimento, “pero a día de hoxe aínda non se ten convocado”. “Existen moitas dúbidas respecto das actuacións que se están levando a cabo para facilitar o tráfico de vehículos neste punto, e máis cando representantes do Goberno central avanzan a reapertura á circulación do outro viaduto sen coñecer as causas que levaron ao colapso ao xemelgo ou sen ofrecer toda a información dispoñible nin á Xunta nin aos galegos”, manifestou.

Por último, e dentro do apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase polas medidas que a Xunta está a desenvolver en apoio aos comercios de proximidade; polos novos programas postos en marcha en desenvolvemento do Plan de saúde mental de Galicia; ou pola valoración que realiza respecto das actuacións levadas a cabo en relación co Pazo de Meirás.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies