Así mesmo, solicítase que a Xunta elabore unha proposta de medidas para reducir o impacto das peaxes na AP-9, dándolle traslado deste estudo ao Ministerio de Fomento para que o valore e estude a súa implantación coa empresa concesionaria a curto prazo. Pídese, ademais, que se estude trasladar estas medidas de flexibilización de peaxes á autoestrada AP-53.
No apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular cuestionará sobre as medidas que está a adoptar a Xunta para contribuír a consolidar o esforzo en I+D+I que se vén realizando, principalmente a través do Plan Galicia Innova 2020; e sobre a situación na que se atopa o expediente e os prazos que manexa a Consellería de Sanidade para comezar as obras de remodelación do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.