Santiago, 12 de xullo de 2018.- O Grupo Parlamentario Popular expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Xerardo Fernández Albor, primeiro Presidente da Xunta de Galicia.
Ademais de compartir a dor coa súa dona, fillos e netos, con todos as súas amizades, e en xeral con todos os galegos e galegas, o Grupo Popular quere renderlle unha homenaxe á súa transcendente contribución na posta en marcha e dignificación da Autonomía de Galicia.
Os seus valores vencellados ao humanismo cristián, ao autonomismo e á defensa dunha España unida e plenamente integrada na Europa democrática permanecen e permanecerán sempre no traballo que desenvolven todos os deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.