Santiago, 14 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique lamentou hoxe no Pleno do Parlamento “o intento hipócrita do PSdeG de salvar a cara e branquear a decisión do Goberno central de eliminar a través dos artigos 18.3 e 18.4 da Lei de Cambio Climático a prórroga extraordinaria de todas as concesión da costa galega.
“Defendemos a cadea mar-industria de Galicia, as nosas vilas costeiras, os postos de traballo e o noso estilo de vida, polo que non aceptamos esta iniciativa dos socialistas galegos chega de cinismo”, engadiu.
Teresa Egerique recoñeceu que “España precisa avanzar para frear o cambio climático, pero lle sería mellor facelo como fixo Galicia a través dunha estratexia que nos sitúa nos obxectivos máis vangardistas e sostibles, pero sen necesidade de rematar coa actividade económica”.
EMENDA TRAPALLADA DO BNG
“A Administración debe velar pola nosa costa, que é de todos e posúe gran valor ambiental, pero tamén debe velar porque ese respecto se faga nun equilibrio cos ámbitos sociais e económicos”, indicou.
Respecto da emenda que o BNG presentou ao proxecto de Lei de cambio climático no Congreso, Teresa Egerique manifestou que “era unha continuidade e facía seguidismo da arbitrariedade que o Goberno de España plasmou no texto inicial”. En concreto, explicou que “fixeron unha trapallada porque trataron de separar ENCE do resto de industrias, pero se deron conta de que por querer botar fóra esta industria poderían cargarse boa parte da economía galega”.