Santiago, 14 de maio de 2021- A deputada popular María Felisa Rodríguez defendeu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento unha emenda do Grupo Popular encamiñada a insistir á consellería de Medio Rural para que redobre os esforzos e traslade novamente ás deputacións de Lugo, a Coruña e Pontevedra a solicitude de colaboración e implicación financeira na prevención e extinción de incendios forestais. A deputada popular reiterou a necesidade de que estas administracións colaboren no mantemento deste servizo público, eficiente e de calidade, nos mesmos termos que está a facer a Deputación de Ourense.
María Felisa Rodríguez intervíu nunha iniciativa sobre o reparto de convenios e programas, en concreto sobre o reparto de maquinaria para tarefas de limpeza e mantemento dos camiños e estradas de titularidade municipal “a que a Deputación Provincial de Ourense foi a única que decidiu adherirse e, polo tanto a única que colaborou no seu financiamento”.
Recordou a deputada popular que a Lei Reguladora de réxime local establece que os concellos con poboación superior a 20.000 habitantes deberán prestar servizos de prevención e extinción de incendios e correspóndelle as deputacións asumir a prestación nos concellos de menos de 20.000 habitantes polo que “conscientes do problema que están a ter os concellos galegos do rural para manter limpas as súas beiraruas a consellería ven de solicitar a todas as deputacións a súa implicación na materia, recibindo resposta tan só da de Ourense”.
Respecto aos concellos beneficiados tanto Agader como a Deputación de Ourense fixaron e comprobaron os criterios de adxudicación para cumprir estritamente os requisitos e condicións legais establecidas, indicou María Felisa Rodríguez na súa intervención