Santiago, 21 de abril de 2021.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique reiterou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta segue a disposición de Barreras e do resto de administracións para colaborar e buscar solucións que certifiquen a continuidade deste estaleiro”.
“O obxectivo prioritario é acadar un proxecto industrial a presente e futuro que ofreza estabilidade e confianza a un sector estratéxico da economía de Vigo, e de Galicia en xeral, como é o naval”, apuntou.
Teresa Egerique incidiu que a Xunta “estará á altura das circunstancias, pero é necesario que tanto Barreras como o Goberno de Pedro Sánchez o estean para garantir carga de traballo e futuro tanto aos traballadores como á industria auxiliar”.
“Apoiaremos o proxecto de Barreras sempre e cando se garanta a súa viabilidade, é dicir, contar cun plan industrial sólido e que o Goberno central colabore e despexe canto antes cal é o papel que quere ter a nivel de financiamento a través do Fondo de Solvencia”, manifestou.