Santiago, 5 de decembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se amosa a rotunda oposición á intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías, por consideralo unha medida regresiva, que fixa barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, pon en risco a seguridade viaria e supón un atranco ao desenvolvemento económico é a cohesión social na Galicia.
Martín Fernández contrapuxo esta actuación do Goberno central coa Xunta de Galicia, destacando que “é o único goberno que baixou as peaxes”. En concreto, lembrou que o Goberno galego “está a estudar a implantación de tarifas nocturnas, con bonificacións do 50 por cento nas autoestradas de titularidade autonómica A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona, que actualmente xa son das máis baratas de España e un 30 por cento máis baixas que as da AP-9”.