Santiago, 10 de novembro de 2020.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Conta Xeral da Comunidade galega correspondente a 2017 elaborada polo Consello de Contas, na que se pon de manifesto que “a Xunta rende contas en prazo, paga o que debe e non gasta máis do que ten”, sinalou o deputado popular José Manuel Rey.
Na súa intervención, Rey salientou que no seu informe o Consello de Contas pon de manifesto que a Intervención Xeral está traballando nun novo Plan Xeral de Contabilidade Público e na implantación da rendición telemática da Conta Xeral, que xa no Exercicio 2017 enviouse como novidade en formato electrónico; ao tempo que remite os traballos de reforma e actualización do marco normativo en materia económica, orzamentaria e contable.
O deputado popular salientou que o Consello de Contas recoñeza que “nos últimos exercicios, particularmente neste 2017 respecto do SERGAS, avanzouse na redución do gasto aprazado; e o sistema contable incorpora información necesaria para coñecer as desviacións financeiras”
“En Galicia avanzamos, aprobando e executando orzamentos para servir aos galegos, e rendendo contas ante o Consello de Contas, o Parlamento e, como non, ante todos os galegos”, subliñou.